Deporte Galego

Seleccións Galegas: Tito Díaz chega á Selección Cadete Masculina

As Preseleccións galegas reencóntranse esta fin de semana cos adestramentos. Na que suporá a súa segunda concentración da temporada, os combinados autonómicos, que chegan cunha importante novidade no banquiño cadete masculino; repartirán o seu traballo en dúas vilas galegas, sedes xa habituais para este cometido.

A “Xuntanza Minibasket”, destino Xinzo de Limia

A Área Deportiva da FGB renova o formato “Xuntanza” para o seu traballo de tecnificación e avaliación nesta 2017 - 2018. Coa categoría Minibasket como obxectivo, esta cita anual na que a Federación Galega de Baloncesto reúne aos seus sete combinados zonais, máis dous grupos e xogadores e xogadoras de ámbito autonómico, terá lugar desta volta este mesmo sábado, 30 de outubro, no Concello de Xinzo de Limia.

Ferrol, lista para acoller a final da XXXI Copa Galicia Feminina

Ferrol deulle este mércores, 20 de setembro; a benvida a unha nova Fase Final da Copa Galicia Sénior Feminina.  Esta competición, que neste 2017, celebra a súa XXXI edición, regresa á cidade de Ferrol, veña coñecida da mesma, para desputar a súa final nunha cita que terá lugar o domingo 24; ás 12.00 h, e protagonizada polo anfitrión, Star Center Universitario Ferrol e por R.C. Celta Zorka.

A MiniCopa Galicia, coprotagonista en Marín

A XXXII edición da Copa Galicia Sénior Masculina presenta este ano un aliciente especial. Da man de Concello de Marín e C.B. Peixefresco Marín, e coa colaboración do Comité Galego de Árbitros; durante a fin de semana cobrará vida a MiniCopa Galicia.

Copa Galicia: Calendario Fases Finais Sénior

A Copa Galicia xa coñece o cadro completo das súas Fases Finais Sénior, Masculina e Feminina. Pechada na noite do martes, 19 de setembro; a fase previa en ambas as categorías, a identidade dos protagonistas que obteñen a súa clasificación e que darán vida á competición buscando un novo título de Copa recae nas mans dos xa semifinalistas C.B. Breogán (1º clasificado fase previa masculina) e Club Ourense Baloncesto (2º clasificado fase previa masculina); e R.C. Celta (1º clasificado fase previa feminina). Cun posto na final agardan tamén Star Center Universitario Ferrol e Monbus Obradoiro

A Selección Española, bronce para a lenda

A Selección Española culminou este domingo a súa participación no Eurobasket 2017 cunha meritoria medalla de bronce coa que render a homenaxe perfecta ao seu capitán Juan Carlos Navarro non que foi ou último encontro coa camiseta do equipo.

Pleno de aprobados para os adestradores galegos no CES 2017

A Federación Española de Baloncesto fixo público este mércores; 13 de setembro; a lista de calificacións dos adestradores participantes no XLI Curso de Adestrador Superior 2017, ano con récord de participación e de resultados positivos para Galicia.

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" estrea temporada

A "Aula Formativa do Adestrador Galego” xa ten data para a súa primeira cita da temporada. Cun programa triple de charlas, esta plataforma didáctica da área de Adestradores FGB viaxará o vindeiro sábado, 16 de setembro; a Vilagarcía de Arousa (Pavillón Fexdega), grazas á colaboración de Concello de Vilagarcía, CLB e C.B. Vilagarcía. 

Clinic Memorial Quino Salvo

  • 30 Agosto 2017 |
  • Sección: Portada

O vindeiro Sábado día 2 de setembro, entre os diversos actos que se celebrarán con motivo do II Memorial Quino Salvo na cidade olívica, levarase a cabo un Clinic.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka