Deporte Galego

A FGB espalla a súa rede de colaboradores

A Federación Galega de Baloncesto amplía o seu campo de colaboradores na cidade de Ourense. O Presidente FGB, Francisco Martín, asinou esta mañá de xoves, 22 de febreiro; un acordo de traballo co Colexio María Auxiliadora- Salesianos de Ourense co obxectivo de poder ampliar a celebración en Ourense das actividades relacionadas cos diferentes ámbitos do Baloncesto.

Designacións CGAB para o Campionato de España de Seleccións Minibasket

O Comité Galego de Árbitros oficializa a designación dos colexiados que representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, competición que concentrará o seu protagonismo, como cada ano, na localidade andaluza de San Fernando entre os días 24 e 28 de marzo do presente 2018.

Dous colexiados galegos na Copa do Rei de Baloncesto en cadeira de rodas

(Fonte: FEDDF) A comisión nacional de xuíces e árbitros da Federación Española de Deportes de Persoas con Discapacidade Física deu a coñecer o pasado venres, 16 de febreiro; aos doce árbitros que dirixirán todos os encontros correspondentes á fase final da Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas a disputar o 24 e 25 de febreiro na vila de Burgos.

V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín": resultados

Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto, co apoio do CB Peixefresco Marín; organizan o “V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket Concello de Marín”, cita que un ano máis, o terceiro de xeito consecutivo; reune nesta vila ás preseleccións de Euskadi, Asturias, Castilla León e a propia "anfitrioa, Galicia. 

Galería de Imaxes: “V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket Concello de Marín”

V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín"

Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto, co apoio do CB Peixefresco Marín; presentaron oficialmente nesta mañá de martes o “V Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket Concello de Marín”, cita que un ano máis, o terceiro de xeito consecutivo; encherá esta vila do mellor baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.

Este V Torneo enmárcase dentro do convenio de colaboración que Federación Galega de Baloncesto e Concello de Marín teñen en común na presente temporada, e que aproveitaron para rubricar no acto deste martes.  

Regresa a "Aula Formativa do Adestrador"

A Área Deportiva FGB recupera o formato “Aula Formativa do Adestrador”, abrindo de xeito inminente a primeira destas citas no marco da presente temporada 2017 – 2018.

Adestradores: novas propostas formativas para o nivel “iniciación”

As Delegacións FGB en Ourense e Coruña abren sendas convocatorias didácticas orientadas á iniciación para adestradores. Marcadas en ambos os casos para realizarse de xeito completo durante o mes de febreiro, e coa carga lectiva correspondente ao nivel de iniciación indicado para esta temporada 2017 – 2018, esta dobre cita coa formación articularase baixo o seguinte programa:

O Babybasket amplía territorio

Colexios pertencentes a localidades como O Incio, Paradela ou Oural, na provincia de Lugo; e varios clubs das provincias da Coruña e Pontevedra, tanto da zonal FGB de Santiago como de Ferrol, terán a oportunidade esta fin de seman de recoller a testemuña do Babybasquet, competición que continúa a espallar as boas sensacións en cada unha das súas paradas, cada vez abarcanado un territorio maior. 

Galería de Imaxes: Babybasket 2017 - 2018

Formación arbitral en iniciación: catro convocatorias presenciais

O Comité Galego de Árbitros retoma a labor de formación de carácter presencial e pon en marcha, de cara ao mes de febreiro, catro convocatorias para os seus cursos de iniciación árbitral.

As delegacións de Lugo, A Coruña, Ferrol e Santiago son as protagonistas desta oferta formativa, que se formulará con carácter presencial, aberto e completamente de balde para todas aquelas persoas vinculadas aos clubs de cada zona.

IX Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

O Comité Galego de Árbitros activa o prazo de inscrición para a derradeira convocatoria da temporada relativa á formación online en iniciación, cita didáctica que se convertirá na novena da vixente temporada, pechando ademais a Programación 2017 - 2018 dos Cursos de carácter “On Line” do CGAB.

Dobre cita co BabyBasket

As delegacións FGB de Arousa e Ourense activan esta fin de semana o formato “Babybasket”, ambas celebrando a súa segunda concentración da temporada para esta competición de carácter tan especial.

Dobre cita co BabyBasket

As delegacións FGB de Arousa e Ourense activan esta fin de semana o formato “Babybasket”, ambas celebrando a súa segunda concentración da temporada para esta competición de carácter tan especial.

Seleccións Galegas: o minibasket recolle o protagonismo

A categoría minibasket retoma o pulso das selección galegas. Recollendo a testemuña deixada no Campionato de España polos combinados cadete e infantil, a área deportiva FGB céntrase agora na preparación das preseleccións mini, que esta fin de semana regresan a vila de A Estrada.

Galicia pecha o #KDTINF2018

A expedición galega despide este domingo o Campionato #KDTINF2018 satisfeita pola experiencia deportiva e persoal colleitada estos días en Valladolid, acompañados sempre do ánimo de afeccionados e familiares.

Dende aquí, a todos os Xogadores e Xogadoras, corpos técnicos, e aos catro árbitros CGAB desprazados ata a cidade vallisoletana, a FGB quere agradecerlles a súa representación do Baloncesto Galego, cargada de esforzo e ilusión, evidenciándoo sempre na pista.

Web Oficial Campionato de España

Galería de Imaxes - Galicia no #KDTINF2018

Campionato de Seleccións #KDTINF2018 - 06/01/18: Cruces Clasificatorias. Resultados galegos

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas de Galicia nas definitivas cruces clasificatorias do #KDTINF2018, que se desputan este sábado, 6 de xaneiro; e nas que os nosos combinados buscarán manter a Categoría Especial en Infantil Masculino e Feminino, e en Cadete Feminino. Pola súa banda, o ascenso ao grupo Especial porase en xogo para a nosa selección Cadete Masculina. 

WEB OFICIAL #KDTINF2018

Galería de Imaxes - #KDTINF2018: 06/01/18

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka