Deporte Galego

PlanetaMini2018: Galicia, 6º clasificada en feminino; 9º en masculino

Galicia afrontou este martes, 27 de marzo; a súa derradeira xornada de competición neste #PlanetaMini2018. Galicia pechou o Campionato de España como 6º clasificada en categoría feminina, tras non poder superar a Valencia no duelo Final; e 9º clasificada en masculina, coa perda da categoría especial, tras caer derrotada ante Baleares.

 

Planeta Mini 2018 - 26/03/18: resultados galegos

Consulta, a continuación, os resultados das Seleccións Galegas Minibasket neste luns, 26 de marzo; terceiro día de competición, e derradeiro da Fase Previa, no Campionato de España que estamos a vivir desde San Fernando (Cádiz).

Planeta Mini 2018 - 25/03/18: resultados galegos

Consulta, a continuación, os resultados das Seleccións Galegas Minibasket 2018 neste domingo, 25 de marzo; segundo día de competición no Campionato de España de Seleccións e no que as nosas xogadoras descansan e o protagonismo recae no combinado masculino que dirixe Javier Cotelo.

 

Planeta Mini 2018 - 24/03/18: resultados galegos

Consulta, a continuación, os resultados das Seleccións Galegas Minibasket 2018 neste sábado, 24 de marzo; primeiro día de competición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, cita que se está a celebrar intensamente na localidade andaluza de San Fernando.

Acta da Asemblea Extraordinaria FGB - 21/03/18

Remitése a acta da Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Baloncesto celebrara o mércores, 21 de marzo; documento sobre o que, no caso de non existir impugnación no prazo dos 30 días seguintes á súa remisión; darase como aprobado, tal e como recolle o artigo 63 dos Estatutos da propia FGB.

II Clinic Lago de As Pontes

O C.B. As Pontes celebra a segunda edición do seu “Clínic Lago de As Pontes”, actividade que conta de novo coa colaboración do Concello local e Federación Galega de Baloncesto.

Adestradores: I Clínic GDR Comarca de Lugo

Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración de Federación Galega de Baloncesto, promove “I Clínic GDR Comarca de Lugo”, a celebrar o 2 de abril na localidade lucense de Guntín. O Pavillón Municipal de Deportes da indica vila acollerá esta cita formativa orientada a adestradores, cuxo protagonista principal será o adestrador axudante da Selección Española Sénior Masculina, Luis Guil.

Seleccións Galegas: último adestramento "mini" en terras galegas

As seleccións galegas minibasket afrontan este domingo, 18 de marzo; o seu derradeiro adestramento en A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro) antes de emprender viaxe, o vindeiro día 22; cara terras andaluzas. Alí, será a localidade de San Fernando (Cádiz) a testemuña da súa participación no Campionato de España entre os días 24 e 28 deste mes.

IV Torneo "Basket sen Barreiras"

(Info: C.b. Nigrán) Club Baloncesto Nigrán e Federación Galega de Baloncesto organizan a cuarta edición do "Torneo Basket sen Barreiras" que se celebrará os días 26 e 27 de marzo no pavillón do Colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para entregar ao Centro Juan María co fin de colaborar na oferta de servizos e novos proxectos para as persoas con discapacidad intelectual.

 

VI Xornada de Harmonización do Minibasket Galego

Chega unha nova edición para a “Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”. Por sexta temporada consecutiva, a área deportiva FGB aposta por unha cita na que abordar o Minibasket dende múltiples puntos de vista coa implicación de protagonistas pertencentes a diferentes áreas de actuación no marco do baloncesto e da práctica deportiva en xeral.

Actívase o proceso electoral para as Eleccións FGB

A Federación Galega de Baloncesto, co fin de dar cumprimento ao Decreto 16/2018 de 15 de febreiro, comunica o inicio oficial do Proceso Electoral para as eleccións a membros da Asemblea, Comisión Delegada e Presidente desta Federación.

A "Aula Formativa do Adestrador" chega a Ferrol

O programa “Aula Formativa do Adestrador” celebra este domingo, 4 de marzo; a súa segunda convocatoria da temporada 2017 - 2018. Elixindo neste caso Ferrol como sede, o departamento de adestradores a FGB propón unha dobre charla didáctica, orientada a todos aqueles adestradores que desexen escoitar en persoa a Sandra Prieto, adestradora axudante no Star Center Universitario Ferrol (Liga Feminina); e Diego Fernández, adestrador do equipo EBA de Santo Domingo de Betanzos.

Triple oco na axenda para o "BabyBasket"

A competición “Babybasket” mantén o seu alto ritmo, característica súa nesta temporada 2017 – 2018, que esta a ser a da súa consolidación. Tres convocatorias novas sumaranse este domingo, 25 de febreiro; a un calendario zonal que, se nada se torce, vivirá unha gran festa final, a nivel autonómico, o vindeiro mes de xuño.

Galería de Imaxes: Babybasket 2017 - 2018

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka