Deporte Galego

#adestradorgalego: satisfactoria dobre aposta formativa para pechar a temporada

A Federación Galega de Baloncesto deu esta fin de semana, 9 e 10 de xuño; un novo e especial paso adiante no aspecto formativo.
Encabezada polo Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; a Área de Adestradores FGB celebrou dous eventos formativos do máis alto nivel, que veñen a refrendar o traballo constante “por e para” os adestradores que vén a desempeñar esta federación dende o ano 2006.

O Deporte Galego recoñece o traballo de Miguel Méndez

A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; recibiu este luns ao técnico galego Miguel Méndez para felicitalo pola súa temporada, na que se convertiu no primeiro adestrador galego en acadar un título europeo a cargo do Ekaterimburgo ruso.

Galicia vive os campionatos de España Infantís de clubs

Os Campionatos de España Infantís de clubs chegan a Galicia esta fin de semana. A partir do domingo, 10 de xuño; e ata o vindeiro sábado, Pontevedra en categoría feminina, e Marín en masculina converteranse no epicentro do baloncesto de base nacional.

CENOR Obradoiro CAB, campión da Liga Sub 22

A Liga Sub 22 masculina celebrou esta fin de semana, 9 e 10 de xuño; a súa decisiva rolda final. Repartindo o xogo en dúas sedes diferenciadas, o protagonismo principal recaeu o sábado coa desputa no Concello de Boiro (Pavillón Santa Baia) das cruces de semifinais e final.

FGB e Basquet Coruña activan o #DíadoAdestrador

(Info: Basquet Coruña) Básquet Coruña colabora xunto coa Federación Galega de Baloncesto e o Sporting Club Casino na primeira edición do #DíadoAdestrador, unha xornada formativa, a celebrar o próximo 10 de xuño, con máis de 20 relatores, adestradores galegos de primeira fila, e con Antonio Pérez Caínzos como director técnico da mesma.

 

"DÍA DO ADESTRADOR": Obxectivos e prazo de inscrición

A Federación Galega de Baloncesto abre o proceso de inscrición para o #diadoadestrador, actividade multidisciplinar que a Area Deportiva FGB levará a A Coruña coa colaboración de Club Básquet Coruña e o Sporting Club Casino da cidade herculina.

 

Sorteado o Campionato de España Infantil Masculino de Marín

(Info: FEB) Do 10 ao 16 de xuño disputarase na localidade galega de Marín o Campionato de España Infantil Masculino cos 32 mellores equipos da categoría. Este martes sorteouse en Marín o Campionato de España Infantil Masculino que se disputará na localidade galega do 10 ao 16 de xuño.

#FEBINFANTILM2018

Asemblea Xeral FGB 2018

A Federación Galega de Baloncesto anuncia a convocatoria da súa Asemblea Xeral 2018 para o vindeiro 18 de xuño.

Os “VI Premios Zona Press” visten de gala ao Baloncesto Galego

O Baloncesto autonómico viviu esta noite de sábado en A Estrada a súa particular festa de fin de temporada. Coa iniciativa da revista “Zona Press”, e coa colaboración do Concello da Estrada e da Federación Galega de Baloncesto, déronse a coñecer os vencendores dos “VI Premios “Zona Press”, galardóns que neste 2018 recoñeceron aos deportistas máis destacados nun total de 14 categorías.

“VI Premios Zona Press” - Galería de Imaxes

O Babybasket despide a temporada da súa consolidación

O formato “BabyBasket” di adeus este sábado, 26 de maio; desde A Estrada a súa segunda temporada de vida a nivel autonómico. Tras celebrar numerosas concentración ao longo de toda Galicia, dende o inicio do ciclo competitivo 2017 – 2018, esta proposta de baloncesto 4 x 4 para a aprendizaxe dos xogadores e xogadoras máis novos, de entre seis e oito anos.

 

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka