Deporte Galego

Fases Finais A4 Liga Infantil FGB: resultados

As Fases Finais das Ligas FGB de 1º División Infantil celébranse este sábado e domingo, 19 e 20 de maio; para dilucidar a identidade dos subcampións galegos da categoría e, como premio especial, coñecer que dous equipos por cada fase obteñen o pase aos Campionatos de España, citas que lembramos que se celebrarán en Galicia do 10 ao 16 de xuño: en Marín en categoría masculina, e en Pontevedra, en feminina. 

XX Campionato de España Cadete Masculino de Clubs: calendario

O calendario para a fase previa do XX Campionato de España Cadete de Clubs, a celebrar en Lleida entre o 20 e o 26 de maio; xa é oficial. Os 32 mellores equipos da categoría, entre os que se atopan C.B. Tui, campión galego (Grupo H); e Cenor CAB Obradoiro; Subcampión autonómico (Grupo G); daranse cita para competir en oito grupos de 4 equipos cada un, con tres prazas para oitavos de final nos Grupos A, B, C e D e para o campión dos Grupos E, F, G e H.

Fase Final Liga EBA - Grupo 2: Marín acada o ascenso a LEB Prata

Marín Ence Peixe Galego culmina o ascenso á Liga LEB Prata. O equipo que dirixe Javier Llorente culminou durante a segunda xornada da Fase de Ascenso, grazas a unha vitora competida ante L’Alfas Sha Wellness, unha temporada excelente, marcada por unha Liga Regular sobresaínte, e agora por un merecido premio final do ascenso. Parabéns Equipo! 

XX Campionato de España de Clubs Cadete Feminino: calendario

O Campionato de España de Clubs Cadete Feminino xa ten calendario oficial. Coas localidades de Aljaraque, Huelva e Punta Umbría como sede, o Campionato de España de Clubs en categoría Cadete Feminino sorteou este martes os seus grupos de competición, nos que están inmersos, como respresentantes galegos: Celta Zorka (campión autonómico) e Bosco Salesianos (Subcampión galego).

Campionatos de España Clubs Júnior: oitavos de final con presenza galega

Os Campionatos de España de Clubs Júnior celebran este mércores, 9 de maio;os seus oitavos de final con presenza galego e duelo fraternal incluído. En competición permanecen: Obradoiro - Peleteiro e Club Ourense Baloncesto en categoría masculina; e Celta Zorka e Ensino Lugo, en feminina; enfrontándose estos dous últimos entre si a partir das 12.00 h. A continuación remitimos os seus resultados destos oitavos de final:

Campionatos de España Clubs Júnior: resultados galegos

Os Campionatos de España de Clubs Júnior poñénse en marcha este domingo, 6 de maio. Celebrándose a categoría masculina en Badajoz e Elvas; e en Huelva, Aljaraque e Punta Umbría a feminina; un total de cinco equipos galegos porán a súa sorte en liza.

A Fase de Ascenso a Liga Feminina 2 rumbo a A Coruña

Maristas Coruña organizará e disputará na casa a Fase de Ascenso a Liga Feminina 2. A Federación Española de Baloncesto acaba de comunicar na tarde deste venres, 4 de maio; a designación oficial pola cal o equipo coruñés será o anfitrión desta fase final, que pon en xogo unha praza na Liga Feminina 2 da vindeira temporada.

Fases Finais A4 Liga Cadete FGB: Bosco Salesianos e Obradoiro CAB, subcampións

As Fases Finais das Ligas FGB de 1º División Cadete celébráronse este sábado e domingo, 5 e 6 de maio; para dilucidar a identidade dos subcampións galegos da categoría entre aqueles equipos calsificados entre o 2º e 5º posto da liga Regular. 

Obradoiro CAB, en masculino; e Bosco Salesianos en feminino; impuséxorense tras a desputa das semifinais e final, obtendo así o subcampionato ligueiro e unha praza no Campionato de España; premio que compartirán cos campións galegos cadetes xa coñecidos: Real Club Celta Baloncesto e C.B. Tui. 

Galería de Imaxes - Campións Ligas FGB 2017 - 2018

 

Liga FGB Preminibasket: datas e sedes confirmadas

A Liga FGB Preminibasket xa coñece as que serán as sedes e datas oficiais das súas concentracións. Repartidas ao longo do mes de maio, e coa súa fase final marcada para a última fin de semana dese mesmo mes, celebraranse un total de tres concentracións por categoría, masculina e feminina; recaendo a organización en diferentes clubs de toda Galicia.

FaseFinalLF2: Durán Maquinaria Ensino, novo equipo da Liga Día

Durán Maquinaria Ensino xa é novo equipo da Liga Día. Parabéns!! O equipo lucense conqueriu este celebrado premio nunha disputada Fase Final de Liga Feminina 2, que tamén estivo protagonizada, con opcións ata o final, por Real Club Celta.

Nesta tarde de domingo, as lucenses asinaron o seu ascenso nun encontro de semifinais que dominaron, case dende o inicio, ante Spar Gran Canaria. A súa foi unha vitoria que levou a ledicia a todo Lugo e a todo o Baloncesto Galego.

Pola súa banda, loitando ata os últimos segundos, as xogadoras viguesas non foron quen de batir a un combativo Valencia Basket, que se fixo coa segunda praza de ascenso en xogo.

 

 

 

Conta atrás para o VIII Claustro Docente FGB

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración directa con Escola Basket Xiria e o Concello de Carballo poñen en marcha o VIII CLAUSTRO DOCENTE, programada a súa celebración para o vindeiro nove de xuño con sede no pabellón Vila de Noia, na propia vila de Carballo.

XLVII Campionato de España Júnior Masculino: calendario

Xa están determinados os oito grupos de catro equipos, a orde de enfrontamento e o horario dos partidos do Campionato de España Junior Masculino que se disputará do 6 de 12 de xuño en Badajoz e Elvas coa presenza do campión e subcampión galegos: Obradoiro CAB – Peleteiro CAB (Grupo E) e Río Ourense Termal (Grupo G), respectivamente.

VIª Edición do Pequebasket en Carballo

(Info: Escola Basket Xiria) O vindeiro 17 de Maio de 2018 terá lugar unha nova edición do Día Autonómico do Pequebasket en Carballo, a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto; orientada aos nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta sexta edición.

Fase Finail A4 1º División Masculina: C.B.Tui, subcampión

Club Baloncesto Cambre, en colaboración co Concello de Cambre, acolleu este sábado, 28 de abril, a celebración da Fase Final A4 da 1º División Masculina, cita que proclamou subcampión galego a C.B. Tui, outorgándolle ademáis unha praza de ascenso a Liga EBA.

Sorteado o calendario do XXXVIII Campionato de España Junior Femenino

Real Club Celta (campión galego), Durán Maquinaria Ensino (subcampión) e Peleterio (3º clasificado) xa coñecen o seus rivais para o Campionato de España Júnior feminino. A FEB fixo público este martes o sorteo dos oito grupos de competición que protagonizarán esta cita, a celebrar en Huelva (Aljaraque e Punta Umbría) entre os vindeiros 6 e 12 de maio.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka