Deporte Galego

As Seleccións Galegas Minis ante a súa última sesión de traballo

Por Fin. As Seleccións Galegas de Minibasket ven chegar a súa última fin de semana de traballo. A oito días exactos do inicio en Cádiz do Campionato de España de combinados autonómicos, os nosos equipos rexistran as súas últimas sesións de traballo. E as definitivas terán lugar este domingo 25 na Estrada (Pavillón Municipal Coto Ferreiro).

As Seleccións Galegas Minis ante a súa última sesión de traballo

Por Fin. As Seleccións Galegas de Minibasket ven chegar a súa última fin de semana de traballo. A oito días exactos do inicio en Cádiz do Campionato de España de combinados autonómicos, os nosos equipos rexistran as súas últimas sesións de traballo. E as definitivas terán lugar este domingo 25 na Estrada (Pavillón Municipal Coto Ferreiro).

Cinco árbitros galegos para os Campionatos de España de Clubs

O Comité Galego de Árbitros da FGB comunica no día de hoxe o nome dos colexiados designados para participar nos Cursos de Detección que a Federación Española de Baloncesto organiza coincidindo cos diversos Campionatos de España de clubs (júnior, cadete e infantil).

25 aspirantes a colexiados iniciánse nesta tarefa en A Coruña

Un total de 25 aspirantes a colexiados afrontan desde este luns en A Coruña a súa particular experiencia formativa posta en marcha polo Comité Galego de Árbitros. Da man da Delegación Zonal, celebrándose na súa sede da cidade herculina (Centro Social Sagrada Familia), o CGAB realiza este novo curso de iniciación, no que as expectativas son ben óptimas.

Novos encontros amigables para as Seleccións Galegas Minis

Recta final para as Seleccións Galegas de Minibasket no seu camiño cara San Fernando (Cádiz), sede do Campionato de España. Dúas fins de semana por diante son a marxe de traballo que lles resta por completar para poñer rumbo a terras andaluzas. A primeira delas, a que está a piques de comezar, a deste 17 e 18 de marzo.

A canteira do baloncesto ferrolán en xogo no II Memorial Manolo Pardo

  • 16 Marzo 2012 |
  • Sección: Clubs

O II Memorial Manolo Pardo cobra vida. Na mañá deste xoves o Concello de Ferrol acolleu a presentación da segunda edición deste torneo de categoría infantil, organizado polo Ferrol Club Baloncesto e o Concello de Ferrol, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. 
A cita en cuestión agrupará a seis equipos infantís da comarca de Ferrolterra que disputarán, divididos en dous grupos, unha liguiña inicial a dobre volta, e unha posterior fase final, programada para os días 21 e 22 de abril.

Bo clima de traballo no primeiro test serio para as Seleccións Galegas Minis

- A ben próxima celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket, en tan só 15 días na cidade andaluza de San Fernando (Cádiz), centraliza a atención e os pasos dos nosos combinados galegos.

- A súa participación esta pasada fin de semana en Allariz, nun torneo amigable levado a cabo grazas á colaboración do Concello desta vila, é o espello actual que reflicte o seu estado físico e de ánimo, que a tenor das sensacións amosadas en pista, fai crecer o optimismo e a confianza das seleccionadoras, Julia Pena e Paula Couto.

- Recollendo as impresións de ambas, trasladamos aquí, polo miúdo, como foi cada un dos envites dos seus xogadores e xogadoras na cita ourensá.

III Campus "You": aberto o prazo de inscrición

  • 08 Marzo 2012 |
  • Sección: Clubs

Chega con forza a 3º edición do Campus "You" organizado polo C.B. Cluny. A entidade santiaguesa ten todo disposto para celebrar entre o dous e o catro de abril o seu xa tradicional e completo campus de Semana Santa.

Definidas as Seleccións Galegas de Minibasket

- As seleccións galegas que representarán a Galicia no Campionato de España de Minibasket coñecen xa quenes serán os 24 xogadores (12 rapaces e 12 rapazas) que lles darán vida.

- Esta decisión, anunciada polas Seleccionadoras este domingo en A Estrada ao total dos preseleccionados, convértese no punto de inflexión de ambos os combinados de cara á recta final da súa preparación.

- Un Torneo amigable, cita para esta fin de semana en Allariz, porá agora a proba ás seleccións definitivas. Sobre a pista faranse evidentes as cuestións e os detalles a pulir.

Marzo chega repleto de actividade formativa para o CGAB

O Comité Galego de Árbitros está a acometer un inicio do mes de marzo ben activo en torno ao que a formación se refire. Se nos pasados días era a Delegación de Santiago a que daba saída a un novo curso de iniciación, nesta mesma semana son as de Lugo e Arousa as zonais que traballan na captación de novos árbitros e oficiais de mesa .

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence