Galicia incorpora esta mesma semana un novo activo á súa nómina de representantes do Comité Galego de Árbitros en liga EBA.Se ao comezo desta temporada 2011 - 2012 a nosa Comunidade Autónoma contaba xa con 11 árbitros nesta categoría, a partir desta mesma semana esa cifra aumenta, coa vinculación a esta categoría, por parte do Comité de Árbitros da FEB, de Cristina García, de 22 anos de idade e adscrita ao CGAB dende ben nova.
Cristina García, nova colexiada galega para a liga EBA
- 07 Febreiro 2012 |
- Sección: Árbitros