Deporte Galego

Fases Finais FGB: a categoría preinfantil masculina pecha a temporada de Ligas FGB

A temporada 2020 - 2021 péchase definitivamente este sábado, 26 de xuño. A posta en xogo da Fase Final Preinfantil Masculina recala na localidade de Porriño para, baixo a organización de Porriño BB; dilucidar o último título da temporada que resta por coñecer. 

A fase celebrarase en formato de doble eliminatoria, partido de 3 e 4 posto e a Final, encontro este que emitiremos en directo vía FEGABA TV. 

PlanetaMini2021: Galicia, día a día

Neste PlanetaMini2021 repleto de emocións dentro e fóra da pista, non queremos perder detalle. Cada xornada do Campionato, acompañamos a Galicia para compartir con ela aqueles pequenos e grandes detalles que a convirten en todo un EQUIPO. A expedición Galega por dentro, como nunca antes, xa está en FEGABA TV. 

Bases de Competición FGB 2021 - 2022

A Normativa oficial da Federación Galega de Baloncesto para as competicións da nova temporada 2021 - 2022 xa está dispoñible para a a súa consulta e descarga.

#FEBCadeteM2021: Resultados Galegos na Fase Previa

Os Campionatos de España Cadete feminino e masculino collen a testemuña da categoría infantil e comezan a rodar este venres en Lleida (feminino) e San Fernando (masculino). 32 equipos pelexarán por alcanzar a gloria durante unha semana que se poderá seguir ao completo a través da Canle FEB.

Fases Finais FGB: Regreso a A Estrada co Minibasket e o Premibasket

A despedida das Fases Finais FGB para as categorías máis novas chega esta fin de semana visitando de novo A Estrada. No Pavillón Manuel Coto Ferreiro, a Liga FGB Preminibasket e a 2 División Mini despregarán xogo para decidir, na súa rolda definitiva, a identidade dos seus novos campións.

Reuniranse un total de 32 equipos, 8 por cada categoría, para desputar eliminatorias previas na xornada do sábado; deixando a do domingo para a celebración das seminifinais, 3 e 4 posto, e as finais. 

FEGABA TV emitirá en directo os catro encontros finais. 

#FEBInfantilM2021 e #FEBInfantilF2021: Xornada Final

Betanzos e Marín viven este venres, 18 de xuño; a xornada final dos Campionatos infantís, unha data na que se gozará do mellor nivel do baloncesto de canteira nacional. Dous encontros que se poderán seguir a través do Canle FEB e que terán unha antesala perfecta como é a loita polas medallas de bronce.

Esta clausura de ambos Campioantos, tanto o Masculino como Feminino, pecha tamén unha semana completa de Baloncesto na que recoñecer e agradecer todo o traballo e esforzo dos Clubs e Concellos organizadores, así como dos participantes, colexiados, oficias de mesa e voluntarios. 

#FEBInfantilM2021 e #FEBInfantilF2021: Semifinais - 17/06/21

Día cargado de emocións nos Campionatos de España Infantil masculino e feminino. Os gañadores obtiveron o ansiado billete a semifinais e pelexarán pola gloria en catro partidos a todo ou nada. Os perdedores se rearmarán pola pelexa do quinto ao oitavo posto.

Fases Finais FGB: 2 Divisións Infantís

Chega tamén a Fase Final para a 2 División Infantil, tanto feminina como Masculina. Santiago e A Estrada son as sedes escollidas pola FGB para, baixo a súa organización, levar a cabo ambas estas dúas roldas decisivas nas que coñeceremos aos Campións en cada categoría, os cales tamén acadarán praza de ascenso.  

A competición celebrase en dobre xornada, ubicando as dúas finais como o prato forte do domingo.  

Fases Finais FGB: 2 Divisións Cadetes

As 2 Divisións Cadetes poñen en xogo a súa fase final esta fin de semana, 12 e 13 de xuño. En dobre xornada, reservando a final para o domingo; os oito equipos clasificados buscarán chegar a esa cita decisiva competindo en dous grupos diferentes que desputarán os seus encontros paralelamente. 

Os gañadores de cada Fase resultarán Campións de Liga e acadarán praza de Ascenso.

Os Campionatos de Clubs Infantís, protagonistas en Galicia

Galicia volve a ser protagonista. Os Campionatos de España Infantís de Clubs regresan á nosa Comunidade un ano máis para poder facer sentir a todos os participantes a maxia do Baloncesto e a hospitalidade dos seus clubs e concellos organizadores: Marín, en categoría feminina; e Betanzos, Miño, Abegondo e Pontedeume, en masculina. 

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence