Deporte Galego

Cursos de iniciación: horarios

A Escola Galega de Adestradores da FGB emprende esta mesma semana unha das súas etapas formativas máis intensas, paso previo a posta en marcha, a finais do mes de xuño, dos Cursos de Nivel 1 e Nivel 2.

Galicia, Cataluña e País Vasco, no "V Trofeo Feminino das Nacións"

- Coa colaboración do C.B. Noia e do Concello desta vila, a Federación Galega de Baloncesto asume a responsabilidade, un ano máis, de organizar o "Trofeo Feminino das Nacións", competición levada a cabo en harmonía entre as Federacións Catalana, Vasca e a propia FGB.

- O Pavillón Alonso Rodríguez abrirá as súas portas de xeito gratuíto os días 18, 19 e 20 de maio, datas nas que se reunirán as Seleccións Sénior de Galicia, País Vasco e Cataluña nun atractivo triangular.

Campionatos de España Júnior: o domingo, o balón ao aire

  • 11 Maio 2012 |
  • Sección: Clubs

Unha edición máis Galicia estará representada nos Campionatos de España Júnior de clubs por catro equipos que viaxan a esta cita con toda a ilusión e confianza nas súas posibilidades. Zaragoza será neste caso a súa sede, e, por suposto, concentrará a atención do baloncesto nacional a partir deste domingo 13, data de inicio da competición.

Cenor Cluny e ADFRO, protagonistas no IX "Memorial You"

  • 10 Maio 2012 |
  • Sección: Clubs

O baloncesto masculino centra a atención esta fin de semana dunha nova cita co "Memorial YOU". A tradicional lembranza que o CB Cluny realiza á desaparecida xogadora lucense Yolanda Núñez Pena, suma este domingo, 13 de maio, a súa novena edición.

En marcha a organización do IX DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET

- O Grupo Correo Gallego organiza, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e co Concello de Santiago, unha nova edición (IX) do DÍA AUTONÓMICO DO MINIBÁSQUET, cita que terá lugar o vindeiro 9 de xuño, no pavillón Multiusos Fontes do Sar.

- Este ano poderán participar todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados no ano 2000 e posteriores, cun máximo de 12 xogadores e 2 adultos por equipo.

- Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde, e poderán participar en xogos, e nos habituais concursos de habilidade e noutras actividades con monitor.

As Principais Ligas FGB Sénior botan o peche e proclaman os seus campións

Básquet Coruña, C.B. Arxil e C.B.A. convertéronse esta fin de semana en auténticos protagonistas no peche das principais ligas sénior FGB.Materializándose por pleno dereito como campións oficiais das mesmas, recolleron ademais as Copas que os levan directamente a engrosar o palmarés das súas competicións: 1º División Masculina, 1º Autonómica Feminina e 2º Sénior Masculina, respectivamente.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka