Deporte Galego

A Ruta "Ñ" chega a A Coruña

A Selección Española Masculina afronta esta noite en A Coruña (Coliseum, 22.15 h. Con cheo asegurado) un apaixonante encontro ante a potente Arxentina enmarcado dentro da súa ruta de preparación para os Xogos Olímpicos de Londres.

Savia galega para as Seleccións de Formación FEB

Galicia cobra peso nas Seleccións de Formación FEB, auténticas protagonistas do verán competitivo a nivel nacional e internacional. Valores da nosa Comunidade estarán presentes durantes estes meses de xullo e agosto no traballo da área deportiva da FEB, tanto cos xogadores e xogadoras máis novos, a través da Academia de Iniciación, como nas categorías superiores que afrontan importantes citas europeas e mundiais.

A 1º División Feminina xa ten calendario

A Federación Galega de Baloncesto, organizadora directa nesta temporada 2012 - 2013 do XXVII Campionato 1º División Feminina - "Grupo A", realizou esta mesma mañá o sorteo do CALENDARIO da fase regular desta competición, de caracter interautonómico, e na que os intereses galegos representaraos o equipo coruñés Sondeos del Norte Maristas, club que acadou o ascenso a esta categoría no ano 2007.

Esgotadas as entradas para o España - Arxentina

A Federación Galega de Baloncesto comunica que xa non dispón de entradas á venda para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán este mesmo venres no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira "Ruta Ñ" da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

Á venda as últimas entradas para o España - Arxentina

A Federación Galega de Baloncesto dispón das derradeiras entradas de entre as que tiña á venda para o encontro amigable que as Seleccións Absolutas Masculina de España e Arxentina disputarán este venres no Coliseum de A Coruña (22.15 h) dentro da Xira "Ruta Ñ" da FEB, preparatoria para os Xogos Olímpicos de Londres.

Oito Galegos no Curso Superior de Adestradores 2012

Últimas horas para que arrinque a fase presencial do XXXVI Curso Superior de Adestradores. Co seu inicio programado para este sábado, 14 de xullo, esta potente etapa do CES2012 contará coa asistencia en Zaragoza dun centenar de adestradores, entre os que figuran oito representantes da nosa Comunidade Autónoma.

Este xoves, amigable previo ante Rusia para abrir boca

A maiores do Torneo Triangular, o lucense Pazo dos Deportes acollerá de xeito previo un amigable estre as xogadoras españolas e as rusas. O encontro en cuestión será este xoves, a partir das 19.00h, e tamén con entrada de balde.

PLAZA 2014: A Coruña coa festa do 3x3

Nun marco tan especial como a Praza de María Pita e baixo a coordinación de Basquet Coruña, a FEB e a FGB, un total de 41 equipos reuníronse este sábado na Couña para gozar do baloncesto 3x3 dentro do programa Praza 2014 que ten como finalidade a promoción e a práctica do baloncesto a todos os niveis e coa modalidade 3x3 como bandeira.

A Coruña, preparada para recibir o desembarco da fase provincial do Torneo "3x3 Plaza 2014"

Nun marco tan especial como o da Praza de María Pita, e baixo a coordinación de Básquet Coruña e o apoio da FEB, un total de 42 equipos reuniranse este sábado na cidade herculina para disfrutar do formato "3x3" baixo o programa " Plaza 2014", que ten como finalidade a promoción e a práctica do baloncesto a todos os seus niveis e coa modalidade do "3x3" como bandeira.

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence