Deporte Galego

A FGB felicita ao Club Xuventude Baloncesto

  • 06 Xuño 2012 |
  • Sección: Clubs

Unha temporada de esforzo e traballo ben merece o recoñecemento e a felicitación de todos. E así o fai dende a súa plataforma de comunicación oficial a Federación Galega de Baloncesto con respecto ao Club Xuventude Baloncesto (EBA), entidade que loitou ata esta pasada fin de semana polo ascenso a Adecco Prata.

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE MASCULINO: Marín Peixegalego, Subcampión

Banca Cívica impúxose a Marín Peixegalego na final do Campionato de España Cadete, unha cita celebrada en casa para os de Javi Llorente e que se converte xa nun recordo emocionante e inesquecible, como todo o campionato. Baloncesto de alto nivel e partidos repletos de paixón. (Crónica do encontro dispoñible en: www.feb.es)

As Fases Finais das Ligas Mini e Premini, este sábado en Compostela

- A cidade do Apóstol convértese un ano máis en escenario para as Fases Finais das Ligas FGB Minibasket e Preminibasket. O xogo repartirase entre os Pavillóns de Vite e Restollal.

- A FGB conta para a organización destas Fases coa colaboración directa da Secretaría Xeral para o Deporte, Concello de Santiago, "la Caixa" e McDonald´s.

A fórmula "3x3" despide a temporada en Ourense

Ourense despediu este sábado a súa competición premini "3x3" 2011 - 2012. A Delegación FGB organizou toda un festa para botar o peche a esta iniciativa, bandeira do baloncesto base nesta temporada.

Ourense bota o peche ao "3x3" premini

A Delegación en Ourense vivirá este sábado a clausura da primeira edición da competición 3x3 Preminibasket, formato implantado nesta zona desde o pasado mes de xaneiro.

A Tecnificación protagonista este xoves na localidade de Baio

  • 23 Maio 2012 |
  • Sección: Clubs

A Delegación de A Coruña, en colaboración directa cos responsables deportivos do Club Baloncesto Baio e do CB Artai abrirán este xoves, 24 de maio, as portas do seu traballo a todos aqueles nenos e nenas en idades alevín, benxamín,infantil e cadete que desexen achegarse ata o Pavillón Municipal de Baio para unha Xornada de Tecnificación

Conta atrás para o IX Día Autonómico do Minibasket

- A cita está fixada para o vindeiro 9 de xuño. Un sábado no que celebrar a festa do Baloncesto Galego de Base da man do Grupo Correo Gallego e coa colaboración directa da Federación Galega e do seu Comité de Árbitros.

"V Trofeo Feminino das Nacións": Cataluña, campioa

- O Pavillón Alonso Rodríguez acolleu esta fin de semana o "V Trofeo Feminino das Nacións", competición que agrupou, a modo de triangular, ás seleccións femininas absolutas de Galicia, Cataluña e País Vasco.

- Coa presenza das potentísimas xogadoras catalanas e unhas solventes e altamente competitivas seleccións galega e vasca, os afeccionados disfrutaron, de balde, de tres encontros de auténtico luxo. As xogadoras de Silvia Font, con pleno de vitorias, fixéronse con esta V edición do Torneo, coa que suman xa catro Copas das Nacións ao seu palmarés particular (2008, 2010, 2011 e a actual do 2012).

Estudiantes de Lugo acada a clasificación para Semifinais

  • 17 Maio 2012 |
  • Sección: Clubs

O equipo lucense, único representante galego xa en liza, supera os cuartos e acada o pase á importantísima quenda de semifinais, situándose entre os catro mellores equipos españois da súa categoría neste 2012. Este fito materializouse nesta mesma mañá cunha vitoria ante La Caja Canarias.

Xa se coñecen os grupos e calendario do masculino

Esta mesma mañá de mércores tivo lugar en Cambados o sorteo do XIV Campionato de España de Clubs Cadete Masculino, cita que albergarán as vilas galegas de Marín e Vilagarcía de Arousa do 27 de maio ao 2 de xuño.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka