Deporte Galego

Fin de semana clave para a Copa Galicia EBA

A Copa Galicia EBA celebra nesta fin de semana a súa derradeira xornada da Fase Previa, a que clarificará de xeito definitivo que dous equipos, os líderes de cada grupo ao remate desta última quenda de encontros, serán os que comparezan na final do vindeiro 20 de outubro.

As Preseleccións Galegas retoman a actividade

As preseleccións galegas infantís e cadetes retornan á actividade e volven ás pistas. Os catro combinados autonómicos rexistran concentración esta fin de semana, doblando xornada de traballo e empregando as cidades de Ferrol e A Coruña como sedes de operacións.

O Concello de Ferrol presenta a XX Copa Galicia Sénior Feminina

O Concello de Ferrol, na persoa da súa concelleira de Deportes; Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a fase final da XX Copa Galicia Sénior Feminina, tamén nomeada XII Trofeo Concello de Ferrol: "un clásico xa dentro dos trofeos de baloncesto feminino en Galicia".

A interacción Adestrador - Árbitro, a análise este venres en Ferrol

Unha nova actividade formativa da Federación Galega de Baloncesto recala en Ferrol este venres, 12 de outubro. Como aperitivo á primeira das Semifinais da XX Copa Galicia Sénior Feminina, dende a entidade federativa ofrécese a posibilidade de participar dunha charla teórico práctica protagonizada polo colexiado internacional FIBA e Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; e polo actual responsable da área deportiva FGB, Carlos Colinas.

"la Caixa" e a FGB amplían a súa rede de colaboración

- Ambas entidades, que traballan da man dende fai dúas temporadas polo desenvolvemento do Baloncesto, acordaron na tarde deste mércores unha substancial mellora no marco da xestión de abono das tarifas económicas a árbitros e oficiais de mesa.

A FGB reúne ás súas áreas de traballo

A poucas datas do inicio completo de todas as Ligas FGB e dos restantes mecanismos deportivos propios de cada temporada, a Federación Galega de Baloncesto, na persoa do seu presidente, Francisco Martín; reuniu na mañá deste martes aos representantes da súas tres áreas estruturais máis visibles para, en comunión, por sobre a mesa os principais aspectos de traballo de cara a esta 2012 - 2013.

Chega a A Coruña o "Torneo 3x3 Virxe do Rosario"

  • 02 Octubre 2012 |
  • Sección: Clubs

A Coruña engalánase para recibir unha fin de semana co baloncesto 3x3 como eixo central. Básquet Coruña, en colaboración coa Federación Española de Baloncesto, a Federación Galega, e co apoio do Concello de A Coruña, converterá este sábado e domingo, 6 e 7 de outubro, nunha festa deportiva, co espírito da participación cidadá por bandeira e co referente da visita á cidade do Road Show World Cup 2014, estrutura lúdico itinerante da FEB.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka