As Seleccións Galegas de Minibasket afrontan esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, a súa primeira concentración dende que se coñece a configuración definitiva dos dous equipos que representarán á nosa Comunidade no Campionato de España, cita a desputar en San Fernando (Cádiz) entre o 8 e 12 de abril.
A Federación Galega de Baloncesto bate récord de representación arbitral nos Campionatos de España que se celebrarán nos vindeiros meses de abril, maio e xuño.
Por sexto ano consecutivo a A.D. BOSCO organiza, nas instalacións do Colexio Salesianos de Ourense, o seu Torneo de Minibasket, actividade xestionada coa intención de promover o deporte do baloncesto cunha xornada lúdico-competitiva entre mozos de distintos lugares da xeografía galega e española.
Club Baloncesto As Pontes, en colaboración con Concello de As Pontes e Federación Galega de Baloncesto; pon en marcha o “I Clínic Lago de As Pontes”, actividade dirixida a adestradores do ámbito do baloncesto base e que concentrará, no Pavillón municipal desta localidade, un total de tres ponencias de referencia.
Nova cita formativa no calendario deste 2017. Sumándose aos cursos xa celebrados en Vigo, Lugo e A Coruña, dúas novas delegacións FGB, Ourense e Santiago, teñen todo preparado para acometer a súa quenda formativa en iniciación.
A "Aula Formativa do Adestrador" non detén o ritmo. Tras estrear temporada o pasado 28 de febreiro en Redondela, a Área Deportiva FGB convoca ao adestradores galegos a unha nova oportunidade didáctica, a celebrar en Allariz (Polideportivo Municipal Allariz) o vindeiro domingo, 12 de marzo; da man de Concello local e C.B. Allariz.
O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para esta convocatoria formativa, a cal será a última no ámbito didáctico “on line” da presente temporada.
A recta final para o Campionato de España Mini de Seleccións Autonómicas comeza coa confirmación dos equipos definitivos que representarán a Galicia nesta cita, a celebrar na localidade gaditana de San Fernando do 8 ao 12 de abril.
O Comité Galego de Árbitros fai pública a designación dos colexiados que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións de categoría Minibasket, cita que terá lugar en San Fernando (Cádiz) entre o 8 e 12 de abril.
Consulta, a continuación, os resultados do IV Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket "Concello de Marín", competición amigable que se celebra na vila de Marín baixo a organización de Concello de Marín e Marín Peixegalego.
O Club Carmelitas Vedruna organizará entre os días 24 e 30 de xuño o seu IV Campus Avanzado Baloncesto Carmelitas Ourense no Polideportivo Vedruna. Un ano máis, Ángel Navarro será o director técnico desta activade e contará coa colaboración dun staff técnico de luxo.
A Federación Galega de Baloncesto retoma neste mes de marzo a quenda de reunión cos clubs das súas diferentes delegacións zonais.
Encabezado polo seu presidente, Francisco Martín, o equipo directivo FGB inicia en Vigo esta tarde de mércores un percorrido xeográfico que o levará a estar en contacto coas inquedanzas dos clubs nas diferentes áreas temáticas que atinxen ao seu día a día nesta temporada 2016 -2017.
A empresa ELECTRODOMÉSTICOS CENOR reúne no seu 25 aniversario a Obradoiro CAB, SD Compostela e Santiago Futsal. Esta cita especial, que leva por nome "Hoxe xogamos todos!", terá lugar o vindeiro 22 de marzo nun partido amigable moi particular cuxa recadación destinarase integramente a favor da Fundación Down Compostela.
- Para o ano 2017 só se destinan o 0,22% dos orzamentos totais para o deporte galego
- Nos últimos 8 anos o deporte galego baixou máis do 50%.
Chega Basket Surf Camp Razo, unha iniciativa de Escola Basket Xiria e Art Surf Camp que pretende combinar lecer, turismo e deporte durante catro días na praia de Razo, en Carballo. A actividade conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.
Fegabatv, a proposta da Federación Galega de Baloncesto na plataforma YouTube, amplía o contido referente ao “VI Claustro Docente FGB”, cita formativa dirixida a adestradores e celebrada en Porriño o pasado decembro de 2016.
Porriño Baloncesto Base e Concello de Porriño súmanse á campaña de promoción da arbitraxe que a Federación Galega de Baloncesto está a emprender de xeito activo neste inicio de 2017.
(Info: MSL) O Asega Classic Team converteuse no vencedor da “IV Copa Andaina MSL”, celebrada en Fexdega. A súa vitoria na final sobre o Cociñas Santos-Beiramar por 20-16 deulle o seu primeiro título na Master Senior League, competición pioneira e única en Galicia de baloncesto 3x3 para xogadores veteranos que cada xoves celébrase en Vilagarcía amparada pola Federación Galega de Baloncesto.
Dobre convocatoria de traballo para o Programa de Tecnificiación Autonómico FGB. Este mesmo luns, 27; e martes, 28 de febreiro; a localidade de A Estrada será de novo escenario da reunión de xogadores e xogadoras chegados de toda Galicia e citados pola Área Deportiva FGB.
Fegaba TV estará no "IV Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket "Concello de Marín", cita que viviremos con intensidade esta mesma fin de semana, sábado 25 e domingo 26; nos Pavillóns de Sequelo e San Narciso.
© 2018 Federación Galega de Baloncesto