Deporte Galego

Os valores do Deporte, co Baloncesto como eixo, a escena na localidade de A Rúa

  • 25 Abril 2012 |
  • Sección: Clubs

A Delegación en Ourense da Federación Galega de Baloncesto estende os seus fíos ao ámbito educativo. Coa presenza da súa responsable deportiva, Lucía González, na Semana Cultural do Colexio Pablo VI - Fátima, na localidade de A Rúa, a zonal FGB achega a promoción do baloncesto aos alumnos e alumnas desta vila ourensá.

Mercedarias Hotel Suizo, campión do "II Memorial Manolo Pardo"

  • 24 Abril 2012 |
  • Sección: Clubs

O Concello de Ferrol e o Ferrol C.B. clausuraron este domingo a segunda edición do "Memorial Manolo Pardo", competición correspondente á 2º División Infantil Masculina FGB e que se disputou en formato de liguiña a dobre volta, reservando a súa fase final para este 22 de abril.

Designación de FIBA Europa para Carlos Cortés

O galego Carlos Cortés, árbitro ACB e internacional dende o ano 2010, foi designado por FIBA Europa para participar do Campionato de Europa Masculino U20 - División "B", cita que se celebrará en Sofia (Bulgaria) do 12 ao 22 do vindeiro mes de xullo.

O Director Técnico do CGAB, na Final Four da Eurochallenge

O Comité Galego de Árbitros terá representación na Final Four da Eurochallenge. O Director Técnico do CGAB, Árbitro ACB e internacional FIBA, Miguel Ángel Pérez Pérez; formará parte do grupo de colexiados que FIBA Europa designou para esta prestixiosa competición, que terá lugar do 27 ao 29 de abril na localidade húngara de Debrecen.

Os campións infantís e benxamíns lucenses, protagonistas da fin de semana

  • 16 Abril 2012 |
  • Sección: Clubs

A Delegación en Lugo da FGB ven de vivir unha fin de semana de celebración na que os equipos campións e subcampións das fases lucenses en categorías infantil masculina (2º división) e benxamín pecharon competición e recibiron os seus merecidos trofeos.
Recoñecendo o seu esforzo para chegar ata este punto, a zonal da FGB quixo galardoar o traballo en pista dos diferentes finalistas e procedeu a entrega das súas respectivas Copas.

Carlos Colinas achega a súa visión sobre a relación adestradores - árbitros

A Delegación en Vigo da FGB gozou este martes da posibilidade de tecer un novo vínculo na relación entre colexiados e adestradores. A través da figura de Carlos Colinas, perfecto coñecedor dos pormenores desta temática, a zonal FGB brindou a ocasión de afondar, polo miúdo, en cales son os factores a ter en conta na conexión árbitro - adestrador.

Novo cadro de seleccionadores galegos para a temporada 2012 - 2013

Unha vez pechado o capítulo dos Campionatos de España 2012, as Seleccións Galegas non perden o seu protagonismo. Co obxectivo de rendabilizar o tempo e de establecer canto antes as súas novas bases, a Área Deportiva da FGB renova e comunica o staff técnico dos seus combinados e pon en marcha xa os motores para a 2012 - 2013.

Unha semana para o peche de inscrición nos cursos de adestradores de Nivel I e Nivel II

A FGB lembra que o vindeiro luns, 16 de abril, conclúe o prazo para tramitar as inscricións nos Cursos de Adestradores de Nivel I e II.
Establecidos en dúas fases xa coñecidas, presencial (entre o 25 de xuño e o 1 de xullo no caso do nivel II, e entre o 27 de xuño e o 1 de xullo no nivel I) e non presencial, ambos os cursos levaranse a cabo baixo as correspondentes convocatorias oficiais feitas públicas o pasado mes de febreiro.

A "Relación de árbitros e oficiais de mesa cos adestradores e axudantes", a debate da man de Carlos Colinas

A "Relación de árbitros e oficiais de mesa cos adestradores e axudantes" será a protagonista dunha Charla - Coloquio que a Delegación en Vigo organiza este martes, 10 de abril, na propia cidade olívica. Coa presenza de Carlos Colinas como principal relator, poranse sobre a mesa aqueles factores cos que conviven nas pistas colexiados e adestradores.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB

logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka