Deporte Galego

A Preselección Galega Cadete Feminina prepárase en Tui

A localidade pontevedresa de Tui acolle os vindeiros días 21, 22 e 23 deste mes a concentración da Preselección Galega Cadete Feminina.
Un total de quince xogadoras están convocadas, baixo a dirección da seleccionadora Cristina Cantero, para comezar a preparación desta tempada de cara ao Campionato de España ás 11:30 horas no Pavillón Municipal de Tui.

Cambre celebrará o seu 1º 3x3 urbano

  • 14 Agosto 2012 |
  • Sección: Clubs

Os vindeiros días 17, 18 e 19 de agosto celebrarasena localidade de Cambre da man do Club Baloncesto Cambre e coa colaboración do Concello o "I 3x3 Urbano Baloncesto Cambre".

Curso de Nivel I: Cualificacións

A Escola Galega de Adestradores fai pública a lista completa de Alumnos Aptos no Curso de Adestradores de Nivel I, tras a realización do mesmo entre o 27 de xuño e o 1 de xullo.

Curso de Nivel II: Cualificacións

A Escola Galega de Adestradores fai pública a lista completa de Alumnos Aptos no Curso de Adestradores de Nivel II, tras a realización do mesmo entre o 25 de xuño e o 1 de xullo.

Noia, sede para o xogo da Selección Española Feminina U20

A Selección Española U20 Feminina atópase en terras galegas afinando os seus motores. Na vila coruñesa de Noia, e recibindo un gran trato, o equipo de Anna Caula prepara a súa participación no Europeo da súa categoría (Debrezen - Hungría, 18/08/12 a 26/08/12)

A FGB publica os seus novos Estatutos

A Federación Galega de Baloncesto fai públicos os seus renovados Estatutos, modificados para a súa necesaria adaptación á nova Lei do Deporte de Galicia (Lei 3/2012 do 2 de abril) e aprobados por unanimidade na Asemblea Extraordinaria da FGB, celebrada o pasado 23 de xuño.

Todo preparado para o "XII 3x3 Carneiro ao Espeto"

  • 26 Xullo 2012 |
  • Sección: Clubs

Co adestrador obradoirista Moncho Fernández como padriño de excepción desta doceava edición, a tradicional cita co 3x3 da vila pontevedresa de Moraña terá lugar este venres, 27 de xullo.

VII Campus "José Ángel Antelo"

  • 26 Xullo 2012 |
  • Sección: Clubs

Con bo ritmo avanza a singradura da sétima edición do campus "José Ángel Antelo", organizado polo C.B. Noia e que conta coa colaboración do Concello de Noia, da Federación Galega de Baloncesto e da Deputación da Coruña, entre outras institucións.

Curso de iniciación: cualificacións na Delegación de A Coruña

A Escola Galega de Adestradores fai públicas, de xeito oficial, as cualificacións relativas ao curso de iniciación de adestradores impartido na Delegación de A Coruña, celebrado o pasado mes de maio (17, 19, 20, 26 e 27 de maio - Polideportivo Municipal Sagrada Familia).

A Coruña, nova aliada do Baloncesto FEB

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e os presidentes da FEB, FGB e Básquet Coruña asinaron este venres un acordo para compoñer un ambicioso programa deportivo, educativo e social dirixido a 3.000 nenos e nenas.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka