Deporte Galego

O CGAB convoca o seu Clínic de Nadal

O Comité Galego de Árbitros celebra este sábado, 29 de decembro, o seu Clínic de Nadal, actividade destinada aos colexiados do Grupo 1 e Sub 23, e para a que tamén están citados os coordinadores técnicos zonais e informadores.

U18M: Galicia gaña terreo na Selección Española U18 masculina

Do 18 ao 28 de xullo do vindeiro 2013, España disputará o Europeo U18 nas cidades de Riga e Liepaja, en Letonia. O primeiro paso cara a ese torneo comezará nos últimos días de 2012 en Guadalajara. A localidade alcarreña acollerá o stage de concentración desta Selección na que Galicia estará representada por catro xogadores.

Ferrol C.B: I Clínic Ferrol, Cidade de Baloncesto

  • 21 Decembro 2012 |
  • Sección: Clubs

- A entidade ferrolá arrinca con forza a primeira edición deste novo Clínic formativo, orientado a adestradores.

- Establecido para os días 28 e 29 de decembro, a iniciativa terá lugar no Pavillón de Esteiro e o proceso de inscrición permanece aberto.

- A participación completa no mesmo poderá validarse por seis horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto. Os adestradores que tomen parte só nunha xornada, recibirán tres horas.

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" despide decembro con nova convocatoria

- Os técnicos galegos Víctor Pérez e César Iglesias serán os protagonistas dun monográfico de "xogo sen balón" a celebrar o vindeiro 30 de decembro en Santiago de Compostela (Pavillón de Pontepedriña).

- A presenza nesta actividade poderá validarse por cinco horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

I Campus de Baloncesto Base ABO Park

  • 18 Decembro 2012 |
  • Sección: Clubs

O ABO pon en marcha a I edición do seu Campus ABO Park, marcado no calendario para os próximos días 26, 27, 28 e 29 de decembro (horario de mañá de 10:00 h a 13:30 h e de tarde de 16:30 h a 19:30 h) e a desenvolver na propia cidade de Ourense (Instalacións Polideportivas do Pompeo).

I Clínic de Baloncesto Campus Ourense

  • 18 Decembro 2012 |
  • Sección: Clubs

Club Universidad de Vigo-Lagoas presenta o seu "I Clinic de Baloncesto Campus Ourense", programado para este sábado, 22 de decembro e destinado, en primeira instancia, a adestradores de categorías de formación.

Ourense amplía a súa aposta polo "3x3"

- A nosa Delegación en Ourense confía unha temporada máis na competición "3x3" para a categoría minibasket como ferramenta para a formación e a diversión.

- A primeira convocatoria na que materializar esta combinación será este xoves, 6 de decembro, no marco da tradicional festa ourensá da xuventude, "Megaxove".

- Un total de 9 equipos cubrirán esta data con xogo en dúas pistas diferentes, ubicadas para a ocasión no Recinto Ferial Expourense.
A Delegación Zonal da provincia de Ourense celebra este xoves a súa primeira concentración de "3x3 - Minibasket" nesta temporada 2012 - 2013.

Ourense amplía a súa aposta polo "3x3"

- A nosa Delegación en Ourense confía unha temporada máis na competición "3x3" para a categoría minibasket como ferramenta para a formación e a diversión.

- A primeira convocatoria na que materializar esta combinación será este xoves, 6 de decembro, no marco da tradicional festa ourensá da xuventude, "Megaxove".

- Un total de 9 equipos cubrirán esta data con xogo en dúas pistas diferentes, ubicadas para a ocasión no Recinto Ferial Expourense.
A Delegación Zonal da provincia de Ourense celebra este xoves a súa primeira concentración de "3x3 - Minibasket" nesta temporada 2012 - 2013.

Chega o III Certame de Debuxo "O NADAL E O BALONCESTO"

Premiaranse os dous mellores traballos. O primeiro estará destinado, ademais, a ser a imaxe da Federación Galega de Baloncesto na súa postal de Nadal. A data límite para a entrega dos deseños e debuxos está marcada para o vindeiro 12 de decembro.

Galicia toma corpo nas Preseleccións FEB U16

O Gabinete Técnico da FEB vén de facer pública unha nova convocatoria para as súas Preseleccións U16, equipos que se preparan coa mente posta no Europeo de 2013 e nos que, recompensando o seu bo traballo, figuran dous nomes galegos.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka