Deporte Galego

A Estrada recibe ás preseleccións infantís

Coñecida xa cal será a sede do Campionato de España de Seleccións Infantís (do 23 ao 27 de marzo), coas localidades andaluzas de Chiclana de la Frontera e Puerto Real como protagonistas, as preseleccións infantís galegas continúan estes días a completar etapas no seu camiño cara esta meta.

Repaso ao traballo das Preseleccións Galegas

As Preseleccións Galegas Infantis e Minis, en plena preparación para os Campionatos de España de ambas as categorías, acometeron esta fin de semana festiva as súas primeiras probas de xogo oficiais.

A Delegación en Santiago pecha con satisfacción un novo curso de iniciación

Un total de 27 alumnos completan este martes, 12 de febreiro, a súa etapa formativa inicial como novos adestradores. Tras catro completos días de aulas teóricas e prácticas que arrincaron o sábado, na tarde de hoxe péchase unha edición máis dun curso de iniciación 2012 - 2013, neste caso o correspondente á Delegación en Santiago.

As preseleccións galegas saltan á pista

Metidas de cheo no ecuador da súa preparación de cara aos Campionatos de España, as preseleccións galegas Infantís e Minis afrontan nesta fin de semana, e posteriores datas festivas, novas concentracións.

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" viaxa a Pontevedra con Antonio Pérez

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB achegan a Pontevedra o seu programa didáctico "Aula Formativa do Adestrador Galego". Da man do técnico galego Antonio Pérez, ambas as entidades promoven unha nova charla téorico - práctica orientada a adestradores de todas as categorías e que terá lugar o vindeiro domingo, 17 de febreiro.

X "Memorial You": Cenor Cluny - Maristas Coruña

  • 06 Febreiro 2013 |
  • Sección: Clubs

O Club Baloncesto Cluny renova un ano máis, o décimo de xeito consecutivo, o seu recordo e homenaxe a Yolanda Núñez Peña, "You", falecida xogadora lucense que tan excelente traxectoria deportiva e persoal viviu na súa época no club da capital de Galicia.

Estudiantes Lugo activa o seu "Campus de Tiro"

  • 05 Febreiro 2013 |
  • Sección: Clubs

Estudiantes Lugo pon en marcha un "Campus de Tiro". Destinado a xogadores federados dende Preminibasket ata Júnior, este novo proxecto dos lucenses correrá a cargo dos adestradores da entidade, sumando o especial reforzo do corpo técnico do C.B. Breogán e de xogadores deste primeiro equipo.

IX Clínic "Lugo é Basket - Hierros Ferreiro"

  • 05 Febreiro 2013 |
  • Sección: Clubs

Ricard Casas, Gustavo Aranzana e Antonio Pérez configuran este ano o cartel desta nova edición do tradicional clínic lucense, a celebrar os vindeiros 11 e 12 de febreiro.

VIII Semana de Adestramentos AEEB con Moncho Fernández

Unha nova tempada en liza e como cada curso desde os últimos oito, a Asociación Española de Adestradores de Baloncesto pon en marcha a "Semana de Adestramentos ACB" , unha actividade xa clásica que, xunto cos clubs desta categoría, permite gozar aos que o desexen dunha experiencia única de aprendizaxe, asistindo ao programa de adestramentos da máxima competición do baloncesto do noso país.

CGAB: Eficaz acción formativa no Comité Coruñés

Completada con satisfacción unha nova acción formativa dentro do Comité de Árbitros na Delegación de A Coruña. O Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, congregou na tarde do mércores a un total de 30 árbitros adscritos a este colexio zonal. Xunto a eles, e botando man da súa dilatada experiencia, compartiu diferentes aspectos teóricos.

Convocado o Curso Superior 2013

Xa está aberto o prazo de inscripción para o Curso de Adestrador Superior 2013, que na súa Fase Presencial (do 13 ao 28 de xullo) celebrarase en Tenerife, nas instalacións da Universidade de San Cristóbal de La Laguna.

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka