A Federación Galega de Baloncesto desexa facerse eco da vindeira visita da Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia ás inmediacións do Estadio Multiusos de San Lázaro (Santiago de Compostela), en concreto xusto diante da sede da Secretaría Xeral para o Deporte.

A Fundación Universitario Ferrol, o Patronato Municipal de Deportes e a FGB, a través da súa Delegación en Ferrol, colaboran e trasladan o seu apoio a esta iniciativa.

O CB Vilagarcía quedou segundo entre un centenar de candidaturas no concurso de Endesa cuxo primeiro premio era a construción dunha cancha de baloncesto.

Chega con forza a 3º edición do Campus "You" organizado polo C.B. Cluny. A entidade santiaguesa ten todo disposto para celebrar entre o dous e o catro de abril o seu xa tradicional e completo campus de Semana Santa.

- O Concello de Allariz e a Federación Galega de Baloncesto suman esforzos por cuarto ano consecutivo para dar soporte competitivo ás Seleccións Galegas.- O Torneo celebrarase entre a tarde do sábado 10 e a mañá do domingo 11, contando ademais coa presenza dos equipos infantís do C.B. Allariz.

O Comité Galego de Árbitros está a acometer un inicio do mes de marzo ben activo en torno ao que a formación se refire. Se nos pasados días era a Delegación de Santiago a que daba saída a un novo curso de iniciación, nesta mesma semana son as de Lugo e Arousa as zonais que traballan na captación de novos árbitros e oficiais de mesa .

Paula Couto e Julia Pena, seleccionadoras galegas de minibasket, afrontan este domingo, 4 de marzo, unha crucial convocatoria coas súas preseleccións. Aquela na que decidirán, de xeito definitivo, a formación final de ambos os seus combinados: o grupo total de 12 xogadores e 12 xogadoras que competirán na primeira semana de abril no Campionato de España.

O Baloncesto Galego achégase pouco a pouco á Semana Santa, e con ela á celebración dun evento xa tradicional e de ampla importancia no panorama nacional e internacional: a Vilagarcía Basket Cup., que este ano celebra a súa XVII edición.

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Delegación de A Coruña e baixo a Dirección Técnica de Miguel Angel Pérez, convoca un Curso de Árbitros orientado a todas aquelas persoas interesadas nesta faceta, sen distinción de sexo e a partires dos 14 anos. Sendo a participación, á súa vez, enteiramente de balde.

A Federación Española de Baloncesto completa o calendario que dará vida ao XXV Campionato de España de Seleccións Minibasket.
Se fai ben poucos días coñecíamos a orde e reparto concreto de cada un dos grupos, especial e preferente, na tarde de hoxe dende a FEB comunícannos o calendario definitivo de xogo, cos horarios e os pavillóns xa estipulados.

A Fundación Universitario Ferrol, o Patronato Municipal de Deportes e a FGB, a través da súa Delegación en Ferrol, colaboran e trasladan o seu apoio a esta iniciativa.

- A ben próxima celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket, en tan só 15 días na cidade andaluza de San Fernando (Cádiz), centraliza a atención e os pasos dos nosos combinados galegos.

- A súa participación esta pasada fin de semana en Allariz, nun torneo amigable levado a cabo grazas á colaboración do Concello desta vila, é o espello actual que reflicte o seu estado físico e de ánimo, que a tenor das sensacións amosadas en pista, fai crecer o optimismo e a confianza das seleccionadoras, Julia Pena e Paula Couto.

- Recollendo as impresións de ambas, trasladamos aquí, polo miúdo, como foi cada un dos envites dos seus xogadores e xogadoras na cita ourensá.

Consulta aquí os seus resultados:

A XXXIV Copa do Rei de Baloncesto en Cadeira de Rodas contará en pista cun árbitro galego, un colexiado acostumado a ser parte deste tipo de citas de entidade. Estamos a falar de Jorge González Marqués, internacional en baloncesto adaptado dende o ano 2009 e adscrito ao Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) dende fai 25 anos.

- As seleccións galegas que representarán a Galicia no Campionato de España de Minibasket coñecen xa quenes serán os 24 xogadores (12 rapaces e 12 rapazas) que lles darán vida.

- Esta decisión, anunciada polas Seleccionadoras este domingo en A Estrada ao total dos preseleccionados, convértese no punto de inflexión de ambos os combinados de cara á recta final da súa preparación.

- Un Torneo amigable, cita para esta fin de semana en Allariz, porá agora a proba ás seleccións definitivas. Sobre a pista faranse evidentes as cuestións e os detalles a pulir.

A Delegación en Arousa da FGB celebra esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de marzo, a súa Fase Final Zonal de Minibasket Feminina, organizada neste caso polo C.B. Arxil no Pavillón Multiusos da Xunqueira (Pontevedra).

O Baloncesto Galego achégase pouco a pouco á Semana Santa, e con ela á celebración dun evento xa tradicional e de ampla importancia no panorama nacional e internacional: a Vilagarcía Basket Cup., que este ano celebra a súa XVII edición.

IX Campus CB. A.D.F.R.O.

Martes, 28 Febreiro 2012 00:00

- A novena edición deste Campus conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Concello de A Coruña, e Cocacola, entre outras entidades.

A Federación Galega de Baloncesto, tal e como xa indicou en anteriores datas, está a pulsar a opinión de todos os seus clubs, independentemente da súa categoría, de cara á confección das Bases de Competición 2012 - 2013. Para este propósito todos os clubs recibiron vía mail un formulario cunha enquisa para que procederan á súa resposta.

- Primeira concentración ampla para as Seleccións Galegas Minis a desta pasada fin de semana na vila de Noia. Co reto de configurar o equipo definitivo de 12 xogadores que finalmente viaxen ao Campionato de España (San Fernando - Cádiz, do 31 de marzo ao 1 de abril), as seleccionadoras traballaron cos rapaces, buscando o equilibrio dos seus bloques e anotando todas as súas posibilidades.

- Á súa vez, ambos os nosos combinados maduraron o seu xogo grazas á disputa de simbólicos encontros amigables ante equipos infantís de Compostela e da propia Noia. Coñezamos como foron avanzando:

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto