Deporte Galego

Novo ciclo para os Cursos de Iniciación á arbitraxe

O Comité Galego de árbitros presenta a programación 2020 - 2021 para os seus cursos online de iniciación, tanto para árbitros como oficiais de mesa. No calendario están xa marcados un total de sete cursos, a celebrar durante os tres primeiros meses da temporada. Cada curso realizarase durante cinco días consecutivos, de xeito completamente virtual, e con flexibilidade de acceso.

Competicións FGB: a situación deportivo - sanitaria, no obxectivo

A Federación Galega de Baloncesto segue coa maior atención a evolución da situación sanitaria actual na busca de marcar os criterios de inicio da temporada autonómica 2020 - 2021, vinculados estes ás decisións e directrices que se tomen por parte das Institucións sanitarias e deportivas pertinentes. A través dunha intervención que vos traslamos en imaxes, o Presidente FGB, Francisco Martín, detalla o contacto directo e continuo que mantén coa Federación Española de Baloncesto, e a importancia, nesta liña, dunha data, a do 24 de agosto. Neste día está marcada unha reunión entre o Consello Superior de Deporte e Federacións de Deportes que implican contacto.

Ligas FGB 2020 - 2021: Listados oficiais de equipos inscritos

 A Federación Galega de Baloncesto comunica, vía circulares oficiais, a relación de equipos que, unha vez rematado o prazo para este proceso ás 13.00 h deste luns, 3 de agosto; presentaron a súa solicitude de inscrición nas seguintes competicións para a temporada 2020 - 2021:
1ª División Masculina
1ª División Autonómica Feminina
2ª División Sénior Masculina
1ª División Júnior, Cadete e Infantil (masculinas e femininas).

A 1º División Feminina Grupo A xa ten calendario

 A 1º División Nacional Feminina Grupo Norte xa coñece o seu calendario. A competición, que nesta temporada recupera a fórmula de participación conxunta de principio a fin das catro Federacións implicadas, pon en marcha a súa conta atrás coa publicación da súa ruta de xogo, a cal dará inicio o vindeiro 29 de setembro, sempre que a situación sanitaria e as directrices das institucións permitentes o autoricen.

Regulamento Minibasket e Preminibasket 2020 - 2021

A Federación Galega de Baloncesto fai público o Regulamento actualizado para as Competicións de categoría Minibasket e Preminibasket que rexerá xa vindeira temporada 2020 - 2021. Trátase dun Regulamento baseadao na adaptación realizada sobre as Regras Oficiais da FIBA do 16 de xuño de 2018, e inclúe tamén os cambios FIBA 2020, á espera de que o Regulamento FIBA 2020 se publique ao completo.

Pode consultarse xa no apartado NORMATIVA.

O inicio das Competicións FGB 2020 - 2021, pendente da situación sanitaria

A Federación Galega de Baloncesto vén de consultar á Secretaría Xeral para o Deporte as posibilidades de regreso á competición para as súas Ligas 2020 – 2021. Francisco Martín, Presidente da FGB; trasladou esta cuestión ao Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, no marco da xuntanza organizada pola propia Secretaría na tarde do luns, 27 de xullo; cos representantes das 58 federación galegas deportivas.

Normativa FGB: 2020 - 2021

A Normativa oficial da Federación Galega de Baloncesto para as competicións da nova temporada 2020 - 2021 xa se atopan ao completo para a súa consulta e descarga.

Asemblea Xeral FGB: aprobada a normativa 2020 - 2021

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde do mércores, 15 de xullo, a súa Asemblea Xeral Ordinaria dunha temporada, a 2019 – 2020, marcada pola irrupción da COVID19 en todos os ámbitos. Con sede en Santiago de Compostela; 38 asembleístas dun total de 72 convocados compareceron para coñecer en primeira persoa as memorias da actividade de cada área de traballo FGB, así como someter a votación, previo intercambio de opinións, as emendas presentadas a Normativa para a nova temporada 2020 – 2021, sempre supeditada esta aos escenarios sanitarios que marquen as autoridades. 

85.000 euros para o Baloncesto Galego

 

A Federación Galega de Baloncesto destinará esta cantidade para comezar a impulsar a nova temporada de Baloncesto en Galicia marcada pola situación de emerxencia sanitaria e parón total vivido coa chegada da COVID 19.

 

CAD Manuel Peleteiro - FGB: Ferramentas, capacidade e coñecemento

O Centro de Actividades Deportivas (CAD) Manuel Peleteiro - FGB está inmerso en pleno proceso de inscricións dous seus alumnos para ou curso académico 2020 - 2021. Os interesados en dar o paso na súa formación integral como adestradores a través deste Ciclo, promovido e organizado man a man pola Federación Galega de Baloncesto e ou Colexio Manuel Peleteiro teñen ata o vindeiro 6 de xullo para tramitar a súa matrícula.

 Este CAD 2020 - 2021 contará coa estrutura didáctica de Ciclo Inicial de Grado Medio e Ciclo Final de Grado Medio, estadíos ambos que permiten percorrer un camiño preciso para obter as titulacións oficiais de adestradores non ámbito académico.

 

Ampliación da actividade presencial nas oficinas FGB

A chegada do mes de xullo trae consigo un novo horario para a atención ao público nas sedes físicas da FGB. A Federación Galega de Baloncesto continúa na súa situación de ERTE parcial e, respectando en todo caso as medidas sanitarias e de precaución precisas, manterá neste periodo estival o seguinte plan de traballo presencial:

A Unión de Federacións Deportivas de Galicia (UFEDEGA) fai un chamamento a todas as institucións para que continúen apoiando ao Deporte post COVID-19

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) presentou este xoves aos medios de comunicación e a través dunha rolda de prensa telemática un manifesto a través do cal fai un chamamento a todas as institucións tanto privadas como públicas, nacionais, autonómicas, provinciais ou locais sobre a importancia e a necesidade de seguir apoiando ao deporte nestes momentos tan duros para todos e todas.

Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO

A Federación Galega de Baloncesto publica o Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO POLO QUE SE ESTABLECEN AS MEDIDAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19 no regreso a actividade e deporte federado en Galicia e, en concreto no noso caso, ás futuras competicións FGB. Este protocolo está elaborado da man da Secretaría Xeral para o Deporte.

O CGAB reúne a tres referentes internacionais para unha nova mesa redonda online

O Comité Galego de árbitros non detén a súa parcela formativa virutalk e promove para este martes, 9 de xuño (20.30 h); unha nova cita virtual baixo o formato de mesa redonda. Coa evolución da arbitraxe na última década como tema principal, o CGAB reunirá nas pantallas a tres convidados de máximo nivel internacional, máis que axeitados para conversar dende diferentes perspectivas sobre a temática escollida e baixo a labor moderadora do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez.

Ratificados os ascensos na 1º División Masculina e 1º Autonómica Feminina

Definida a identidade dos equipos que se adxudican as dúas prazas de ascenso vixentes en 1º División Masculina FGB e 1º Autonómica Feminina FGB, respectivamente.

Tras a solicitude das mesmas por parte de diferentes equipos en tempo e forma, e tras reunión da Comisión Delegada FGB celebrada este pasado luns, 25 de maio; a FGB dá a coñecer o nome dos clubs que se fan con estas prazas e co correspondente ascenso de categoría para a vindeira 2020 – 2021.

Reapertura parcial de oficinas na FGB

Regresa a actividade ás oficinas da Federación Galega de Baloncesto. Respectando as medidas sanitarias e de precaución precisas e necesarias, a sede central da Federación Galega de Baloncesto, así como as súas Delegacións en Ourense e A Coruña abren as súas portas a partir do luns, 25 de maio.

Comunicado oficial: 1º División Feminina Grupo Noroeste

As Federacións Autonómicas de Baloncesto de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia alcanzaron un acordo segundo o cal, polo menos durante o próximos catro anos, a 1ª División Nacional Feminina disputarase de principio a fin de forma conxunta.

Peche definitivo para as competicións 2019 - 2020

 A Federación Galega de Baloncesto dá por concluída a temporada 2019 - 2020. A entidade federativa, tras finiquitar a consulta realizada á súa Asemblea Xeral, na que se lle cuestionaba sobre o criterio de actuación respecto a todas as competicións vixentes ante o escenario de alerta sanitaria e estado de alarma, comunica que estas finalizan de xeito definitivo.

 

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka