Galicia pecha o #PlanetaMini2019 co máis grande dos sorrisos. As nosas Seleccións regresan este mércores, 17 de abril; a Galicia coa sensación do traballo ben feito e co seguinte palmarés: 

Galicia Minibasket Feminina 2019 - 6º clasificada Grupo Especial. 

Galicia Minibasket Masculina 2019 -  Subcampioa Grupo Preferente. Ascenso a Grupo Especial.

Galicia lista para entrar de cheo no #Planetamini2019. As nosas Seleccións Galegas Minibasket inician este sábado o seu reto máis importante da temporada. Coa máxima ilusión e moito traballo detrás, dirixidas por David Martínez e Valentín Pérez, en feminino e masculino, respectivamente; inician a competición en San Fernando (Cádiz) co seguinte plan horario na súa fase previa.

A Área Deportiva FGB, CB Culleredo e o Concello desta vila coorganizarán a nova convocatoria do “Obradoiro Específico de Minibasket”, cita que terá lugar o vindeiro domingo, 14 de abril; no Pavillón Municipal do Burgo.

O presente e o futuro do Baloncesto Galego porase sobre a mesa este venres, 5 de abril; nunha cita especial organizada polo CB Golfiños de Sada. Nesta localidade coruñesa, e coa colaboración do Concello local e da propia Federación Galega de Baloncesto, Golfiños organiza (19.00 h. Sala de plenos municipal) un coloquio no que se debaterá sobre a situación actual e a proxección do baloncesto na nosa Comunidade. E para facelo contará cuns convidados de plena trascendencia na materia.

As Seleccións Galegas Minibasket visitaron esta fin de semana a localidade castelá de Miranda de Ebro para formar parte, unha temporada máis, gracias á invitación da Federación de Castilla e León, do Torneo Amigable “Miranda de Ebro”, cita que organizaron en colaboración co concello local.

O Comité Galego de Árbitros autoavalíase

Mércores, 27 Marzo 2019 16:29

A temporada 2018 – 2019 pasa xa do seu ecuador e toca facer análise. O Comité Galego de Árbitros reuniuse este martes, 26 de marzo; con este obxectivo e en prol de seguir afinzando a súa liña de traballo.

O Comité Galego de Árbitros xa ten representantes oficiais para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Minibasket, cita que neste 2019 terá lugar entre os días 13 e 17 de abril en San Fernando (Cádiz).

Composición Definitiva das Seleccións Galegas Minibasket e rivais xa listos para o Campionato de España. Os 12 xogadores e as 12 xogadoras que representarán á nosa Comunidade en San Fernando (Cádiz) xa están confirmados e coñecen tamén a identidade das selección rivaiss que forman parte do seus grupos de xogo na Fase Previa.

(Info: FEB) A incorporación de dúas novas mulleres á Comisión Executiva reforza a aposta da FEB por potenciar o papel da muller no baloncesto.
Aproveitando a celebración da Copa da Raíña de Baloncesto Feminino en Vitoria- Gasteiz, celebrouse unha Comisión Executiva da Federación Española de Baloncesto na que se aprobou a incorporación de tres novos membros, entre os que se atopa Susana Fernández Fiuza, Secretaria Xeral da Federación Galega de Baloncesto. Xunto a ela chegan tamén a este orgniasmo: Marta Fernández Farrés, ex xogadora internacional e comentarista de baloncesto feminino; e Ferrán Aril, Vicepresidente da Federación Catalá de Baloncesto.

A continuación remitimos os resultados completos do VI Torneo Concello de Marín de Seleccións Autonómicas de Minibasket, cita amigable que reuniu a fin de semana, dou e tres de marzo; nesta vila ás Seleccións de Euskadi, Castilla León, Asturias e a propia Galicia., enfrontándoas como proba previa ao futuro Campionato de España desta categoría.

Lugo foi o escenario das Fases Finais da Liga FGB Júnior Masulina e Feminina. Co título ligueiro xa en mans de Obradoiro CAB – Peleteiro e R.C. Celta Baloncesto, en categoría masculina e feminina, respectivamente; a cidade da muralla viu como o equipo anfitrión, Estudiantes de Lugo, facíase por partida dobre co Subcampionato Galego e co premio da participación nos Campionatos de España da categoría.

Galicia volve a ser o escenario dos Campionatos Infantís de Clubs FEB. A nosa Comunidade, sede ininterrumpida para os nacionais desta categoría dende a temporada 2013 - 2014, recolle de novo o protagonismo para, neste 2019, recibir en Lugo e Marín, entre o 9 e o 15 de xuño; aos os 32 mellores equipos do país, tanto en masculino como en feminino, respectivamente.

A nosa Delegación en Arousa programando o seu curso de iniciación para adestradores correspondente á temporada 2018 – 2019. Con sede en Cambados, e repartindo a carga lectiva presencial en tres xornadas diferenciadas do vindeiro mes de maio, a área deportiva fgb abre esta convocatoria coa seguinte programación


A Federación Galega de Baloncesto volve a ser protagonistas unha temporada máis, e gracias a Obradoiro CAB, do “Partido do Federado”, cita a celebrar nesta ocasión o vindeiro 6 de abril (20.30 h) enfrontando ao propio equipo compostelá e ao seu visitante, o Tecnyconta Zaragoza.

Santiago de Compostela acollerá este domingo, 31 de marzo, a cita federativa anual co formato de “Harmonización” do Mininasket e Preminibasket Galego. Cumprindo a súa VII edición, esta actividade, que mantén temporada tras temporada o obxectivo de afondar nas categorías base dende as súa múltiples perspectivas, recalará nas instalación do Colexio Manuel Peleteirto cun alto nivel de participación.

A Federación Galega de Baloncesto ten un novo aliado para o fomento das súas actividades e da práctica do deporte. O Concello de Xinzo de Limia, e o club local desta vila, A.B.Xinzo; son deste esta mañá de mércores, 13 de marzo; en virtude dun acordo asinado entre as tres institucións, un novo apoio oficial para a entidade federativa.

 

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Colexio Carmelitas, promove en Ourense unha nova convocatoria da súa programación didáctica, neste caso baixo o formato xa coñecido de “Seminario de Técnica Individual”.

Os cursos de iniciación á arbitraxe do Comité Galego de Árbitros, cos que poderás familiarizarte con materias básicas como Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo ou Iniciación á mecánica arbitral, entre outras; teñen xa actualizado o seu Calendario para o mes de abril. Toma nota!! 

A Delegación FGB en A Coruña promove nova convocatoria para a formación en iniciación de adestradores. A mesma, marcada xa para celebrarse no mes de marzo, contará coa seguinte programación:

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.