
FGB - SELECCIÓNS
Definidos os equipos que representarán a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes 12/12/2011A Federación Galega de Baloncesto fai públicas as listas definitivas de 12 xogadores e 12 xogadoras que representarán, en categoría infantil e cadete, á nosa Comunidade no Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2012 , a celebrar en Valladolid do día dous ao sete do vindeiro mes de xaneiro.
As relacións de xogadoras e xogadores que estarán na cidade castelá, as cales se poden consultar nos documentos que se achegan, dánse a coñecer oficialmente unha vez se completou a meirande parte da preparación e do traballo de cada combinado baixo o estatus de preselección.
O corpo técnico de cada unha das seleccións comunicou a área deportiva da FGB a súa decisión final sobre cada equipo, querendo, á súa vez, deixar de manifesto o seu agradecemento a todos aqueles xogadores e xogadoras que traballaron con eles ao longo destes meses e que finalmente non poderán estar na cita estatal.
Agora, e cos bloques xa perfilados, resta unicamente seguir reforzando as ideas clave de xogo, aproveitando xa os cadetes masculinos, co seleccionador Larry á cabeza, para adestrar este domingo 18.
© Federación Galega de Baloncesto 2007