Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

novas

tecnificación

Primeiros e positivos pasos dos Centros de Tecnificación Itinerantes 16/11/2011

A zona de Vigo deu saída este pasado domingo ao seu primeiro Centro de Tecnificación Itinerante 2011 - 2012 (CETI). Na localidade de Ponteareas e contando coa inestimable colaboración do Concello e Club locais, o Departamento Técnico da Delegación FGB en Vigo desenvolveu con éxito, e cunha elevada participación (38 rapaces de entre sete e doce anos) esta primeira actividade da súa programación.

Co obxectivo de achegar e introducir o baloncesto naquelas vilas e localidades nas que non rexistra implantación, a Delegación gozou en Ponteareas do tempo e do esforzo de tres técnicos implicados no traballo coa base, aspecto fundamental para o propósito que se quere levar a cabo.

Así, Roberto Rajó e Fernando Ameneiro, ambos da disciplina do Real Club Celta; e Ismael Rodríguez, do C.B. Tui; puxeron toda a súa boa disposición en favor do traballo con 38 xogadores (23 nenos e 15 nenas).

A todos eles, adestradores, participantes e responsables dos nenos e nenas que se achegaron ata o Pavillón Álvaro Pino, a Federación desexa agradecer a súa colaboración, vital para acender a mecha do Baloncesto e fomentar a práctica do noso deporte.En vindeiras datas, novas convocatorias en diferentes sedes e horarios continuarán esta senda.

Foto de Familia do CETI celebrado este domingo en Ponteareas

Foto de Familia do CETI celebrado este domingo en Ponteareas


© Federación Galega de Baloncesto 2007