
preseleccións
Sorteado o Calendario para o Campionato de España de Selección Infantís e Cadetes 11/11/2011- Galicia xa coñece os seus rivais para o vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes. O Consello Superior de Deportes celebrou na tarde de onte o sorteo correspondente a esta cita, que coma sempre ocupará as datas das vacacións de reis (do 2 ao de 7 de xaneiro de 2012, en Valladolid).
Para esta edición a sorte foi dispar cos nosos catro combinados, todavía en etapa de rodaxe. Unha fase para a que, a partir de agora, contan con este novo aliciente: o de coñecer a que outras seleccións terán enfronte en Valladolid.
Preselección Cadete Feminina (Grupo Especial)
Intentando competir ao máximo nivel e mellorar o oitavo posto do pasado campeonato, comparecerá a Galicia de Ángel Castro, da man de Cataluña, Aragón e Illas Baleares.
O calendario das galegas virá ben completo de complicados partidos, do mesmo xeito que ocorrerá para os combinados autonómicos que darán vida a o outro grupo: Canarias, Valencia, País Vasco e Castilla León.
Preselección Galega Infantil Feminina (Grupo Preferente)
O combinado infantil femenino será o único dos galegos que compita na categoría preferente (catro grupos e 11 equipos en total). As pupilas de Cristina Cantero quedan ubicadas no grupo B, xunto a Melilla e Cantabria.
A súa será unha andaina na que buscar, en primeira instancia, o ascenso ao grupo especial.
Preselección Cadete Masculina ( Grupo Especial)
A selección que Larry dirixa en Valladolid, dentro da categoría especial, recalará no grupo 1 xunto a Madrid, Illas Baleares e Canarias. Tres rivais de entidade que farán deste un bloque ben atractivo.
Nesta categoría, pola outra banda do sorteo, conforman o Grupo 2: Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana e País Vasco.
Preselección Infantil Masculina (Grupo Especial)
O equipo de Fernando Buendía enfrontarase ao máximo nivel. Madrid e Canarias, subcampión e terceiro na pasada edición do Campionato; e Andalucía serán os seus tres opoñentes nunha fase previa que se presenta farto competitiva.
O outro grupo fórmase con Cataluña, Comunidade Valenciana, Aragón e Castilla León.
© Federación Galega de Baloncesto 2007