Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

novas

FGB

Novas xornadas de traballo para as preseleccións galegas 24/10/2011

Novembro está a piques de comezar e con el, a recta decisiva de traballo para as preseleccións galegas infantís e cadetes.

Programado o Campionato de España para xaneiro de 2012 (entre os días 2 e 8), o equipo de seleccionadores galegos está a cumprir a planificación establecida pola área deportiva FGB para realizar o maior número de sesións de adestramento posibles.

E precisamente, aproveitando a fin de semana que chega e a festividade do un de novembro,  as catro preseleccións galegas espallaranse pola xeografía galega para realizar cadansúa concentración. Cubrirán as preseleccións masculinas as datas do 29, 30 e 31 de outubro, ocupando as femininas as do 30 e 31 e a do primeiro de novembro.

Desta volta, cada grupo  visitará unha vila diferente, disputando mesmo nalgunha delas algún encontro amigable, aínda por confirmar de xeito completo. Son A Coruña, Vigo, Noia e Tui as sedes escollidas para esta fin de semana, salientando neste apartado a colaboración dos Concellos das dúas últimas.

As listas dos xogadores e xogadoras convocados por cada preselección así como a súa sede e planning exacto de traballo poden consultarse nos documentos que se achegan .


© Federación Galega de Baloncesto 2007