Deporte Galego

Super User

Super User

Miguel Méndez, noutras verbas

A chegada de Miguel Méndez ao banco da Selección Feminina Absoluta é a meta a un camiño que percorreu da man de moitas persoas que tal e como el indica o impulsaron e acompañaron. Nós quixemos entrar en contacto con algunhas delas e, a modo de recoñecemento ao propio novo seleccionador, pedirlle que nos valorasen dende o seu punto de vista, deportivo pero tamén persoal, a chegada do Miguel que tan ben coñecen ao equipo nacional e que fixesen memoria dalgunhas desas lembranzas que os vinculan a el para sempre.

Copa Galicia LEB: Leyma Coruña, Campión

A última final que restaba por desputarse da competición copeira nesta temporada 2021 - 2022 celebrouse este venres, 24 de setembro (20.00 h) en Marín (Pavillón de A Raña), con Leyma Coruña e Club Ourense Baloncesto dando protagonismo áo ambito LEB. Esta final, con vitoria para os coruñeses (84 - 73) completou o formato especial de Copa Galicia Masculina que se adoptou esta temporada, ofrecendo dúas finais que comezaron coa "Final ACB" xa desputada entre Obradoiro CAB e Río Breogán o pasado 28 de agosto con triunfo para os de Lugo. 

Palmarés Completo Copa Galicia 

Javier Llorente, novo Seleccionador Galego Infantil Masculino

Cambio no equipo de traballo das Seleccións Galegas. O Cadro técnico dos combinados autonómicos sufre unha variación na categoría Infantil masculina. Pablo Abuín, seleccionador ata o momento deste grupo, non seguirá desempeñando o seu cometido como tal, recollendo a súa testemuña nesta posición o técnico galego Javier Llorente, vinculado actualmente á disciplina do CB Peixefresco Marín.

Neste punto, a Área Deportiva FGB agradece a Pablo Abuín todo o seu traballo e compromiso coa súa selección ata este momento e dá a benvida a Javi Llorente nesta nova experiencia deportiva.

 

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence