Deporte Galego

Dezasete xogadores para unha nova convocatoria da Preselección Galega Minibasket Masculina

  • 03 Febreiro 2012 |
A Preselección Mini Masculina nunha das súas anteriores concentracións
A Preselección Mini Masculina nunha das súas anteriores concentracións

A FGB non detén a marcha das súas preseleccións minis, e unha vez notificado en firme o calendario de preparación global para ambas as dúas, feminina e masculina, toca cumprir e, sobre todo, intensificar o ritmo.

A primeira e máis recente data a restar das estipuladas chega este domingo 5 de febreiro, no que a quenda de traballo será de dominio exclusivo da categoría masculina. Así, a seleccionadora, Paula Couto, terá á súa disposición a un total de 17 xogadores, a maioría repetindo presenza neste tipo de convocatorias, que lembremos que se realizan baixo o status de Preseleccións.

E neste caso, o escenario do seu traballo trasládase de Compostela (sede dos seus últimos encontros) ata a localidade de A Estrada, cuxo club local e Concello son colaboradores habituais da área deportiva da FGB. Nesta vila están citados, ás 10.30 h no Pavillón Municipal Coto Ferreiro, os 17 convocados, e está previsto que repartan os seus adestramentos entre a mañá e a tarde, botando o peche á xornada ás 18.30 h.

Como de xeito habitual, a lista desta convocatoria achégase xunto a esta información, en documento aparte.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka