Deporte Galego

Sorteados os grupos do XXV Campionato de España de Minibasket

  • 14 Febreiro 2012 |

A Área de Competicións da FEB deu a coñecer neste inicio de semana a composición dos grupos correspondentes ao XXV Campionato de España de Seleccións Autonómicas Masculina e Femenina de Minibasket, cita que, como xa é habitual, celebrarase na localidade gaditana San Fernando (Cádiz) entre o 31 de marzo e o 4 de abril.

Ubicadas en dúas categorías diferentes e con rivais ben dispares, este é o futuro que lles agarda ás nosas seleccións na cita andaluza:

O combinado masculino, dirixido por Paula Couto, competirá en San Fernando con vellos coñecidos seus nestas citas. Encadrado no Grupo Preferente D, serán País Vasco, Extremadura e La Rioja os equipos a superar ao longo de tres intensas xornadas.

Castela León, Murcia, Asturias, Melilla e Ceuta completan a categoría preferente polo outro lado do cadro (Grupo C).

No apartado feminino Galicia competirá na categoría especial.Grazas á súa clasificación no sexto posto na última edición do Campionato, adquire este ano o dereito competir de inicio entre os mellores. Así, dentro do Grupo A atoparase no camiño a Cataluña (subcampioa no 2011), Comunidade Valenciana (4º en 2011) e Illas Baleares (8º)

Pola súa banda, Madrid, Andalucía, Canarias, Castela León e La Rioja despregarán o seu xogo no Grupo B.

Calendario provisional
Este primeiro sorteo deixa claro, ademáis dos nomes dos rivais, a orde de encontros que se disputarán en San Fernando durante os primeiros días do Campionato. Agora só resta coñecer o calendario completo (datas e horas de encontros), información que se emitirá por parte da FEB en vindeiras datas.

E mentras, as xogadoras e xogadores galegos preseleccionados non cesan no seu empeño, traballando baixo a planificación do Departamento Técnico da FGB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka