Deporte Galego

As Seleccións Galegas de Minibasket rumbo ao Campionato de España

  • 29 Marzo 2012 |

- A expedición galega mini emprende esta noite de xoves viaxe a San Fernando (Cádiz). Nesta localidade andaluza disputará a partir deste sábado, 31 de abril, a XXV edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

- Galicia preséntase en Cádiz cunha expedición disposta a competir entre os mellores e coa prioridade de dar o mellor de si, tanto en categoría masculina como feminina.

- Da man de Paula Couto, en categoría masculina, e de Julia Pena, en feminina, un total de 24 xogadores vivirán unha semana de baloncesto e convivencia para a que se levan preparando dende o pasado mes de xaneiro.

As seleccións Galegas de Minibasket atópanse a escasas horas de subir ao autobús que as levará a súa particular cita co Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.

Comandados por un corpo técnico integramente feminino, os xogadores e as xogadoras galegas afrontan desde este sábado a XXV edición dun Campionato no que participan en grupos diferentes pero coa mesma meta: competir e divertirse.

Na localidade "isleña" de San Fernando o noso combinado masculino vivirá a súa experiencia integrado na categoría Preferente, dentro do Grupo D, con La Rioja, Extremadura e País Vasco ofrecendo resistencia.

Pola súa banda, na categoría Especial amosarán do que son capaces as xogadoras galegas. En fronte as potentes seleccións de Cataluña, Aragón, Comunidad Valenciana e Illas Baleares.

O Calendario galego para os tres primeiros días de competición, datas que marcarán as opcións finais, é o seguinte:

Seleccion Galega Minibasket Masculina - Categoría Preferente Grupo D

1º Xornada
La Rioja - Galicia (31/03/12 - 13:30 horas - Pavillón Bahía Sur)

2º Xornada
Galicia - Extremadura (01/04/12 - 13:30 horas - Pavillón Parque 1)

3º Xornada
País Vasco - Galicia (02/04/12 - 13:30 horas - Pavillón Bahía Sur)

Seleccion Galega Minibasket Feminina - Categoría Especial Grupo A

0282523001333017273-seleccion-galega-mini-feminina

1º Xornada
Galicia - Cataluña (31/03/12 - 15:30 horas - Pavillón Parque 2)

2º Xornada
Comunidad Valenciana - Galicia (01/04/12 - 09:30 horas - Colexio Compañía de María)

3º Xornada
Galicia - Aragón (01/04/12 - 17:30 horas - Pavillón Parque 1)

4º Xornada
Islas Baleares - Galicia (02/04/12 - 09:30 horas - Pavillón Bahía Sur)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka