Deporte Galego

"la Caixa" viaxa a Cádiz coas Seleccións Galegas Minis

  • 29 Marzo 2012 |
Manuel Mallón, representante de "la Caixa" no acto de entrega, xunto a Paula Couto e Leticia Fernández
Manuel Mallón, representante de "la Caixa" no acto de entrega, xunto a Paula Couto e Leticia Fernández

As seleccións galegas minis contarán en Cádiz co apoio de "la Caixa", valedor que xa ten acompañado aos nosos xogadores e xogadoras durante as súas concentracións e xornadas de adestramento previas a este XXV Campionato de España de Seleccións Autonómicas.


A entidade financieira, patrocinadora da FGB, estará especialmente atenta ás evolucións deportivas dos nosos combinados en terras andaluzas. E para que quede constancia do seu apoio e o seu compromiso para co baloncesto de base quixo materializar o mesmo a través dun pequeno detalle: as mochilas que todos os integrantes da expedición galega lucirán en San Fernando.

Trátase dun Regalo de "la Caixa" para os xogadores e corpo técnico de ambas as seleccións. Un agasallo que, simbólicamente e en nome de toda a FGB, recolleron e agradeceron a Seleccionadora Masculina, Paula Couto, e a Recuperadora Física das Seleccións, Leticia Fernández.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka