Deporte Galego

Galicia ultima detalles ante o seu debut no Campionato de España

  • 30 Marzo 2012 |

Os xogadores e as xogadoras que representan a Galicia na XXV edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket realizaron na tarde deste venres os seus últimos adestramentos antes de debutar mañá nas pistas da localidade andaluza de San Fernando.

Tanto as xogadoras de Julia Pena como os minis que dirixe Paula Couto aproveitaron esta derradeira oportunidade de traballo para soltar os posibles nervios propios dunha cita destas características. Así mesmo, permaneceron ben atentos as instruccións de ambas as seleccionadoras, aquelas directrices que serán de importancia vital para afrontar os seus primeiros encontros de maña sábado. Partidos estos que veñen programados deste xeito:

Selección Galega Minibasket Masculina - Categoría Preferente Grupo D

1º Xornada
La Rioja - Galicia (31/03/12 - 13:30 horas - Pavillón Bahía Sur)

Selección Galega Minibasket Feminina - Categoría Especial Grupo A

1º Xornada
Galicia - Cataluña (31/03/12 - 15:30 horas - Pavillón Parque 2)

Dende aquí, e a escasas horas, do seu debut, desexar a mellor das sortes a toda a expedición galega. De seguro que a presenza de numerosos afeccionados propios nas gradas gaditanas axudará a iniciarse no campionato do mellor dos xeitos posibles.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka