Deporte Galego

XXV CAMPIONATO ESPAÑA SELECCIÓNS AUTONÓMICAS - MINIBASKET 3º e 4º xornada: resultados galegos

  • 02 Abril 2012 |

Seleccion Galega Minibasket Masculina - Categoría Preferente Grupo D

3º Xornada
País Vasco - Galicia (02/04/12 - 13:30 horas - Pavillón Bahía Sur) (72 - 65)

Os galegos quedaron ás portas do ascenso nun vibrante partido no que a moeda púidose decantar para calquera bando. Os nosos comezaron agarrotados pero aínda así lograron sobrepoñerse e acabar o primeiro sexto totalmente metidos no partido.

Desde os primeiros minutos intuíase que ía ser un partido moi disputado, contra un País Vasco cunha filosofía de xogo de e traballo similar á galega.Durante os 48 minutos de partido as alternancias no marcador foron numerosas e constantes. Defensas moi intensas, angustiando en toda a pista, boas transicións ofensivas e accións de 1 contra 1 sacando vantaxes tanto propias como para compañeiros en ambos os conxuntos fixeron as delicias dos afeccionados.

Con todo, a pesar dun arreón por parte dos galegos no cuarto sexto, os vascos volvéronse a meter de novo no partido no seguinte período. Así, chegouse aos últimos 8 minutos con igualdade no marcador e todo por decidir. Con todo, o maior acerto e control de partido dos vascos deulles a vitoria final e o consecuente premio do ascenso ao Grupo Especial.

Pola súa banda, para Galicia: sabor agridoce por non lograr o desexado ascenso pero satisfacción polo bo traballo e pola esperanza de que este grupo siga dando alegrías ao noso baloncesto.

Seleccion Galega Minibasket Feminina - Categoría Especial Grupo A

4º Xornada
Islas Baleares - Galicia (02/04/12 - 09:30 horas - Pavillón Bahía Sur) (66 - 54)

A Galicia de Julia Pena sufriu un baixón físico no partido decisivo e viuse superada pola selección de Illas Baleares, combinado que chegaba con máis frescura ao encontro.As nosas minis non atoparon o ritmo suficiente para meterse no xogo e as baleares, cun ritmo maior ao noso, limitáronse a administrar a vantaxe colleitada nos primeiros sextos.

As xogadoras galegas chegaban a este choque, vital para manter a categoría, coas forzas moi xustas tras a dobre xornada de onte. O encontro tornouse costa arriba nada máis comezar e a dinámica negativa foi crecendo co paso dos minutos. O desenlace, finalmente, foi o non desexado: unha derrota (66-54) que implica o descenso ao grupo preferente.

Pensando en poder marcharse deste Campionato cunha vitoria e borrar as malas sensancións, as xogadoras galegas teñen este martes a súa última oportunidade de amosar do que son capaces. O seu rival para este envite: La Rioja (11.30 h).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka