Deporte Galego

As nosas Cadetes son de BRONCE

  • 06 Xaneiro 2014 |

A xornada deste luns, seis de xaneiro, será recordada por todos os afeccionados galegos ao Baloncesto Base. A consecución da medalla de BRONCE pola Selección Galega Cadete Feminina no Campionato de España da categoría supón un dos mellores resultados en anos de competición, situando á nosa canteira entre as tres privilexiadas de todo o país que acceden a un pódium que completan Canarias (1º) e País Vasco (2º).

CASTILLA E LEÓN vs GALICIA (39-67)
(15-17, 7-12, 12-16, 12-13)

Galicia acadou este fito tras derrotar a Castilla e León nun partido completamente dominado polas xogadoras de Cristina Cantero desde o minuto un. As nosas Cadetes non concederon ningunha opción ás castelás e a base, sobre todo, dunha boa defensa deixaron ás de Manuel A. Rodríguez en 15 puntos xa na primeira metade.

Ao descanso, o marcador era de 15-28 para as galegas, e tras o paso por vestiarios a diferenza non fixo máis que crecer. Paula Ginzo (con 21 puntos e 11 rebotes) e Blanca Millán (con outros 21 puntos) convertéronse nos dous referentes dun equipo no que todas e cada unha, sen excepción, aportaron o mellor de si para conseguir a tan merecida presea de bronce. 

Celebración e Homenaxe
Os minutos post partido, así como a entrega de medallas, convertéronse nos momentos máis felices deste Campionato. As xogadoras, xunto ao seu corpo técnico, a selección cadete masculina ao completo e ao propio Presidente FGB, Francisco Martín; quen estivo in situ con toda a expedición compartindo este terceiro posto, protagonizaron escenas de emoción e ledicia. Unhas imaxes que representan todo o sentir do noso baloncesto ante este trunfo e tamén ante o bo papel realizado polos cadetes masculinos, cun sétimo posto e a permanencia na categoría Especial.

Unha medalla compartida
Este magnífico resultado xeral da Expedición galega desprazada a Cáceres ven a recoñecer e premiar o traballo de moitos. Xogador@s, clubs de procedencia, pais e corpo técnico presente e pasado da propia área técnica da FGB, a cal traballou e traballa con est@s magnífic@s deportistas.

O metal asinado polas nosas cadetes, así como o sétimo posto dos xogadores de César Iglesias, refrenda o traballo diario de estos rapaces e rapazas en cada un dos seus equipos, así como o esforzo e impulso aplicado en cada unha das súas concentracións coas Seleccións Galegas de Base.
A todos, grazas. E a gozar deste magnífico agasallo de reis.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka