Deporte Galego

Galicia Cadete Feminina pelexará polo BRONCE

  • 05 Xaneiro 2014 |

A Selección Galega Cadete Feminina desputou esta tarde de domingo unha semifinal nun Campionato de España no que está a destacar e recoller eloxios polo seu xogo. As rapazas que dirixe Cristina Cantero trataron de ti a ti a toda unha potente Selección Canaria que, finalemente fixo súa a semifinal.

A recompensa a este bo traballo galego ten aínda a oportunidade de ser maior. Mañá, día de reis, o noso combianado será o protagonista, xunto a Castilla León, da disputa pola medalla de Bronce. Un metal que agardemos poida ter cor galega. O encontro decisivo será ás 09.00 h.

SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA (05/01/14) - SEMIFINAL

(17.30 H) Galicia – Canarias
(15 – 17, 7 -12, 12 -16, 12- 13) (46 –58)

(info:FEB)

Galicia volvía a xogar unhas semifinais, despois de 5 anos e repetindo escenario e rival. O equipo a batir desta volta era Canarias, único invicto neste campeonato ata o momento e que se fixo co prezado trunfo nunha semifinal que comezou de xeito complicado para as súas xogadoras. Así, pese ao bo inicio "isleño", pronto as pupilas de Cristina Cantero reaccionaron no marcador e provocaron a igualada.

Blanca Millán e Paloma González axudarían ao equipo galego a chegar ao final do primeiro cuarto unicamente dous puntos por detrás, 15-17. Con todo, no segundo período a situación comezou a poñerse máis favorable para o cadro canario. Unha Iris Junio dominadora converteuse na referencia do rival para irse ao descanso cunha cómoda vantaxe de sete puntos, 22-29.

No entanto, tras o paso por vestiarios Galicia reaccionou e volveu poñer as cousas difíciles. O equipo de Cristina Cantero chegou a poñerse a catro mediado o terceiro período, cunha gran Paloma González. A pesares disto, Iris Junio apareceu nos momentos máis decisivos deste cuarto para comezar a cimentar a vitoria do seu equipo.

O 34-45 ao fin do terceiro cuarto achegaba ao triunfo ás de Paco Apeles, que no último cuarto apuntalaron o marcador ao seu favor e certificaron o seu billete á final do Campionato de España.

As nosas teñen agora depositada toda a súa confianza, talento e ilusión nun encontro que xa é histórico de por si para o Baloncesto Base Galego e para esta xeración de xogadoras. A posibilidade de ser BRONCE nun Campionato de España agarda mañá, luns, ás 09.00h ante Castilla León. A cita será ben especial para todos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka