Deporte Galego

Galicia Cadete Masculina despídese salvando a Categoría Especial

  • 05 Xaneiro 2014 |

O nosos representantes en categoría masculina pecharon a súa participación no Campionato de España de Seleccións 2014 defendendo, e salvando, a súa praza en categoría Especial. Todo cun traballado encontro ante unha correosa Castilla La Mancha.

SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA (05/01/14)

(19.30 H) Galicia – Castilla la Mancha
(25 – 13, 14 -14, 9 -14, 22- 6) (70 – 47)

Cun enfrontamento plagado de altibaixos, os cadetes galegos situaron dende o principio a súa fortaleza na defensa, parcela na que estiveron especialmente acertados nos primeiros dez minutos. Nestes recadaron unha ampla vantaxe, cun parcial de 25- 13, que prometía as mellores sensacións.

Intentando continuar nesta liña, o segundo cuarto non respostou como se esperaba para os nosos intereses. Un claro atasco en ataque estábase a fraguar nas liñas galegas, unha situación negativa que se estendería ademais ao terceiro cuarto de encontro.

Á volta dos vestiarios parecía non axudou a remontar as esperanzas. A pesares de manterse sempre por riba no marcador, Galicia sufría a mellora de Castilla la Mancha, combinado que aproveitaba as presas galegas e os seus problemas en defensa. Un contundente parcial de 9 -14 metía por completo de novo aos casteláns na pelexa.

Conscientes de que non tiñan a sartén polo mango e de que a prezada permanencia aínda non estaba clara, os cadetes de César Iglesias reaccionaron, rompendo o xogo nos derradeiros dez minutos.

Buscando impor unha vantaxe contundente e definitiva, os nosos viviron os seus últimos intres de xogo neste Campionato de España sacando petróleo das súas ocasións e materializándoas en positivo. Ao remate, e co obxectivo da permanencia en categoría especial na man, asinaron un 70 – 47 que queda xa para o bo recordo.

Na xornada de mañá, luns seis de xaneiro, a Selección ao completo coñecerá o seu posto definitivo na clasificación (sétimo, a falta de confirmación oficial) e, aproveitando o descanso, contribuirán a animar as súas compañeiras na loita polo bronce.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka