Deporte Galego

Galicia despide a 2º xornada con doble opción para a busca das semifinais

  • 04 Xaneiro 2014 |
Galicia despide a 2º xornada con doble opción para a busca das semifinais
(Foto: FEB)
Galicia cubriu este sábado en Cáceres a súa 2º xornada de competición en Fase Previa e fíxoo cun gran sabor de boca. A posibilidade aberta de optar mañá, domingo, á loita por un posto en semifinais tanto para o combinado feminino, que depende de sí mesmo; como para o masculino, coa obriga de ter que vencer por oito ou máis puntos a Euskadi, confirma o bo momento da nosa Comunidade neste Campionato de España Cadete.
 

 

SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA – GRUPO ESPECIAL “B”

Galería de Imaxes 

Castilla León, Comunidad Valenciana, Cataluña, Madrid e Galicia

(04/01/14 - 4º xornada)
(17.30 h) Galicia – Comunidad Valenciana

(16-18, 16-17, 6-8, 20-8) (58 - 51)

Tras gozar dun merecido descanso na franxa matutina, as xogadoras de Cristina Cantero presentábanse frescas para competir ante a Comunidade Valenciana, equipo que viña de xogar ante Madrid pola mañá.

Os compases iniciais de xogo resultaron titubeantes para ambos equipo. Unha defensa zonal executada por Valencia dende o primeiro minuto de partido obrigaba ás galegas a elaborar máis o seu ataque se querían sacar opcións de finalización ou rebote ofensivo como segunda posibilidade para finalizar baixo aro. Con todo isto, o combinado da Comunidade Valenciana sempre era dono do marcador, chegando a encaixar as nosas no segundo cuarto unha racha en contra de 9-0, cifras que as deixarían 11 puntos atrás no marcador. Pero o esforzo por manterse en liza seguiu a ser notable e, co segundo cuarto marcando o seu final, esta desvantaxe quedaba tan só en 3 puntos.

Na renovación do partido o aro tornouse máis pequeno, deixando a emoción do desenlace, a un ritmo paulatino, para os últimos minutos de xogo.
A inflexión das galegas chegaría no último período coa lesión de Blanca Millán. Este contratempo, contrariamente ao que se podería pensar, non as descentrou, senón que, conscientes da importancia do encontro que estaban a disputar, souberon sobrepoñerse á adversidade e, cargando o peso do equipo en Paloma Gonzalez (27 de valoración) e Paula Valiño (25 de valoración) acadaron un último e, máis que nunca, vitorioso parcial de 20 a 8. (58 - 51 final)

Agora, Galicia agarda a súa oportunidade de buscar un posto en semifinais. Esta virá do seu encontro mañá ante Cataluña (10.00 h), no que unha vitoria situaríaa directamente na loita polas medallas.

SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA – GRUPO ESPECIAL “B”

Galería de Imaxes

Comunidad Valenciana, País Vasco, Castilla León, Madrid e Galicia

(04/01/14 - 3º xornada)
(12.00 h) Castilla León - Galicia 

(17-16, 18-27, 21-8, 18-17) (74-68)

(04/01/14 - 3º xornada)
(19.30 h) Galicia – Madrid

(6-30, 17-18, 6-15, 17-21) (46 -84)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka