Deporte Galego

Campionato de España Seleccións Cadetes: Resultados Galegos 1º e 2º xornada

  • 03 Xaneiro 2014 |

Consulta aquí os resultados e estatísticas:

SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA – GRUPO ESPECIAL “B”

Castilla León, Comunidad Valenciana, Cataluña, Madrid e Galicia

(03/01/14 - 1º xornada)

(10.00 h) Galicia – Castilla León

(13-12, 10-6, 11-15, 11-15) (45-48)

As mozas de Cristina Cantero debutaban neste Campionato ante, quizais, un dos equipos máis compactos e respectados do mesmo: Castilla León.
 
Os nervios de inicio eran evidentes en ambos quintetos iniciais. Moitos erros consecutivos nos aros non permitían fluidez e a primeira canastra rexistrada non chegaría ata ben entrado o minuto catro de partido. Nesta situación, as galegas ían crecendo e atopábanse cómodas, conectándose a través do seu xogo interior pero, como amosaba o marcador, sen obter apenas resultado.
 
O segundo cuarto mudou as sensacións. Galicia botaba man dunha sólida defensa e conseguía enlazar numerosas accións positivas que subiron tanto o ánimo colectivo, na pista e na grada, como permitiron marchar ao descanso cunha renda de 5 puntos.
 
Na renovación do xogo, Castilla León presentaba unha defensa 2-3, tratando de protexerse máis e obrigando ao combinado galego a elaborar e repensar o seu ataque na busca de solucións. A igualdade parecía gañar terreo, e así foi ata a consecución de dúas accións puntuais e negativas para os intereses galegos: dúas triplas convertidas polas leonesas a falta de 2 minutos para o remate do terceiro período que obrigaron a Cristina Cantero a pedir o seu primeiro tempo morto. En adiante, e ata chegar ao remate deste cuarto, as rivais recortaron distancias e establecéronse a tan só un importante punto.
 
O derradeiro tempo definiu un encontro que non rematou ben para os nosos intereses. A pesares de seguir dominando o apartado de rebotes, Galicia non conseguía culminar en aro rival con canastras fáciles e deixaba para os últimos tres minutos a incógnita de si sería quen de facerse coa vitoria.
 
Nestes intres, e con varias xogadoras cargadas de faltas, o combinado galego botou man dunha defensa mixta, que non axudou ao obxectivo final. Posteriormente, tres malas tomas de decisión en ataque permitiron a Castilla León sumar con facilidade e condenar así a Galicia a a súa primeira derrota (-3) neste campionato.

 

(03/01/14 - 2º xornada)

(17.30 h) Madrid - Galicia

(9-10, 11-14, 8-16, 8-14) (36 - 54)

Tras un breve descanso para repoñer forzas, Galicia presentábanse de novo na Cidade Deportiva CNT ante o combinado da Comunidade de Madrid, o cal se estreaba neste campionato tras descansar na xornada da mañá. Víanse as caras dúas seleccións completamente opostas, destacando no equipo Madrileño o seu amplo talento no xogo exterior.

A Formulación de Cristina Cantero foi clara dende o principio: si Galicia quería estar no partido, precisaba levar o xogo ao seu terreo e, sobre todo, sumar en defensa.

Un inicio titubeante sacou das súas casillas ao noso combinado, regalando ata cuartas opcións tras rebote ofensivo no seu ataque e tiros cómodos que finalmente non convertían. Con toda esta suma explosiva, ao descanso, Galicia marchábase catro puntos arriba.

Na reanudación, cun xogo máis elaborado, levando moito protagonismo as xogadoras interiores, e dominando o apartado de rebote defensivo, as nosas xogadoras escapábanse no marcador ata por 12 puntos cunha Madrid completamente esvaecida en defensa, con variantes defensivas e sen atopar un revulsivo que lles permitise manterse no partido.

Xa no último cuarto, e dando entrada a xogadoras con menos minutos acumulados na xornada matutina, Galicia elevou a súa diferenza e estirouna ata os 20 puntos, acabando co electrónico nun triunfal 38-56.

SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA – GRUPO ESPECIAL “B”

Comunidad Valenciana, País Vasco, Castilla León, Madrid e Galicia

(03/01/14 - 2º xornada)

(19.30 h) Galicia – Comunidad Valenciana

(23-8, 10-13, 10-12, 7-15) (50 - 48)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka