Deporte Galego

Galicia Cadete Masculina pule o seu xogo en Lugo

  • 10 Decembro 2013 |

A cidade de Lugo foi testemuña esta fin de semana da penúltima proba competitiva da Preselección Galega Cadete Masculina, equipo que está a traballar arreo de cara ao próximo Campionato de España da categoría.

No marco do “II Torneo de Seleccións”, organizado na capital lucense pola FGB en colaboración co Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Secretaría Xeral para o Deporte; Galicia tivo a oportunidade de medirse ante tres equipos de gran nivel como perfecto ensaio xeral ante o reto da vindeira cita nacional.

As seleccións homónimas de Euskadi e Extremadura, así como o combinado portugués U18 do Porto FC plantaron cara a unha Galicia combativa da que non perder detalle:

(07/12/13 – 10:30 h) Galicia – Euskadi (66 - 82)

Galicia saíu moi frouxa atrás, perdendo de xeito continuo o 1x1 contra xogadores rivais e non respondendo ben ao traballo de defensa colectiva asimilado en sesións anteriores. Os nosos sufrían moito para coller cada rebote, o que permitiu a Euskadi moitas segundas opción ante a pouca agresividade local. Esta situación deixaba ó primeiro parcial nun 15-27 que foi definitivo no decorrer do encontro.

No segundo cuarto o equipo galego axustou mellor o traballo defensivo pero a intensidade interior continuou desaparecida, permitíndolle a Euskadi sumar canastras moi cómodas. Os xogadores de César Iglesias sobrevivían grazas a algún contraataque propiciado pola actividade defensiva dos exteriores así como ás triplas destes. Ao descanso: 32-45

No comezo do terceiro cuarto, Galicia reaccionaba e chegaba a poñerse a 8 puntos en dous minutos grazas ao traballo defensivo e ao acerto exterior. Sen embargo, pronto volveu a baixar os brazos atrás. Unha mala racha en ataque, con moi pouca claridade e acerto, decantaba o partido ao final deste cuarto (41-60).

Os derradeiros dez últimos minutos foron os mellores para o equipo Galego, que, a pesares de caer no cómputo xeral, fixo seu este cuarto por 25 a 19.

(07/12/13 – 20:00 h) Galicia – Extremadura (83 -73)
O partido comezou cunha Preselección galega moi dubitativa atrás, concedéndolle ao rival numerosos tiros e finalizacións sinxelas, as cales sabía aproveitar para gañar vantaxe e impoñerse ante a pasividade defensiva galega. Así, remataba o primeiro cuarto cun  parcial en contra (11 -20) que sería preciso remontar con esforzo.

Galicia tardaba en activarse pero non deixaría de intentalo. No segundo cuarto chegaba o momento de recortar distancias, grazas a súa mellora en defensa e á súa maior profundidade de banco. A situación igualábase na pista e, por tanto, no electrónico, que lucía ao descanso un 33 -34 que semellaba deixar todo aberto.

Pero a segunda metade non tivo cor. Galicia dominaba de principio a fin. Os seus erros defensivos continuaban, pero a mellora atrás resultaba clave. Un gran acerto ofensivo con continuas penetracións e tiros cómodos completaba o bo facer galego nestes minutos, nos cales a preselección anotaba uns 50 puntos decisivos (83 – 73)

(08/12/13 – 20:00 h) Porto FC – Galicia (70 – 53)
Galicia non quixo repetir os negativos inicios de encontro da xornada previa e o domingo ante os veciños portugueses non deu respiro algún dende o minuto cero.
Con grandes defensas e moito criterio en ataque conseguiu un parcial inicial que obrigaba ao Porto FC a remar á contra e subir a súa intensidade defensiva durante todo o segundo cuarto. Este esforzo extra dos lusos igualaba o encontro no descanso.

No derradeiro tempo, e tras as idas e voltas constantes de ambas escuadras, o cansazo atacaba aos folgos galegos e a preselección de César Iglesias pecaba de imprecisións e despistes que desequilibraron o marcado a favor do Porto (70 – 53)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka