Deporte Galego

A Preselección Cadete Feminina mide forzas en Zarautz

  • 03 Decembro 2013 |

A Preselección Galega Cadete Feminina pon a proba a súa resistencia un mes antes do Campionato de España. O combinado galego ten todo preparado para participar, esta fin de semana, no "Torneo Interfederacións", a celebrar na localidade vasca de Zarautz.

As Seleccións Cadetes de Euskadi, Castilla León e Madrid serán as rivais a bater nesta ocasión.

A Federación Galega de Baloncesto estará representada esta fin de semana no "II Torneo Interfederacións" Cadete feminino, competición organizada pola Federación Vasca na localidade de Zarautz como perfecto ensaio xeral previo ao inminente Campionato de España desta categoría (xaneiro, do 3 ao 6 de 2014)

A presenza galega virá da man da nosa Preselección Cadete Feminina, conformada desta volta por un total de 11 xogadoras ás ordes de Cristina Cantero, Diana Piñeiro (axudante) e Cristina Castells, como Delegada.

Nesta cita vasca, o noso combinado verase as caras con Castilla León, Madrid e coa propia selección anfitrioa, Euskadi. Os catro equipos completarán un calendario que permitirá medir forzas baixo o sistema de todos contra todos.

Galicia debutará o sábado 7 ante Euskadi (12.00 h) e cubrirá a tarde co enfrontamento ante Castilla Léon (17.00 h). Finalmente, pechará a súa participación ante Madrid (10.30 h) na xornada dominical.

O calendario completo, co total de partidos a disputar no marco deste "Torneo Interfederacións", pode consultarse no documento que se achega.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka