Deporte Galego

Dobre debut con derrota para as Preseleccións Galegas Masculinas

  • 04 Novembro 2013 |

As Preseleccións Galegas Infantil e Cadete Masculina acometeron o pasado Sábado, dous de novembro; as súas primeiras citas amigables no que vai de temporada. Ambos os nosos combinados desprazáronse ata a cidade lusa de Oporto para disputar un dobre enfrontamento ante os equipos de categorías base do Dragon Force, club local.

Coas características propias dos partidos que inauguran unha temporada de competición, cos que empezar a traballar sobre a aposta de cada técnico para o seu bloque e nos que correxir erros, Galicia amosouse combativa en ambos casos a pesares de non poder anostarse os seus primeiros trunfos.

Dragon Force Sub 16 - Preselección Galega Infantil Masculina (72 – 54)
02/11/13 (19.00 h) Pavillón do Lagarteiro

Nos primeiros compases do encontro evidenciouse a diferencia, tanto física como de rodaxe táctico, que separaba aos nosos xogadores dos lusos, máis rodados. O combinado portugués, líder en intensidade, lograba as primeiras vantaxes gracias a boas accións de 1x1 que os galegos non podían defender con efectividade. Galicia, presa dos nervios, tardou case seis minutos en anotar a primeira canastra. O xogo non era fluído, e iso trasladábase ao electrónico ao remate do primeiro período (25-6).

O segundo período transcorreu pola mesma senda. Dragon Force mandaba claramente en accións de 1x1, tanto ofensivo como defensivo, e trituraba as posibilidades galegas en situacións de rebote ofensivo.

Galicia buscaba un xogo máis alegre do que amosou no primeiro cuarto, pero as continuas perdas de balón na saída da presión portuguesa, e a falta de acerto nos lanzamentos máis preto do aro, deixábaa con case corenta puntos de desvantaxe chegado o descanso (47-13).

Despois deste baño de realidade e do paso polos vestiarios, Galicia afrontou o seu papel con outra mentalidade. Moito máis agresiva en toda a cancha, mandando en situacións defensivas e consolidando o rebote no propio aro, foi recortando o dominio portugués no marcador.

A precipitación ofensiva da primeira metade daba paso a un xogo máis rentable, xestionando mellor os espazos ofensivos en penetración. Froito deste bo traballo, os galegos achegábase no marcador vencendo este cuarto cun parcial de 10-24 (57-37).

O último período revelouse como o máis igualado. Os portugueses tentaban volver ao seu ritmo da primeira metade pero a presión en toda a cancha non lle ofrecía xa a mesma efectividade rexistrada anteriormente.

Os galegos, pola súa banda, repetían erros defensivos que os locais se encargaban de castigar con canastras sinxelas baixo aro. Finalmente, un último empurrón dos nosos, deixaba o marcador no definitivo 72-54


Dragon Force Sub 18 - Preselección Galega Cadete Masculina (83 – 69)
(02/11/13 (17.00 h) Pavillón do Lagarteiro)

IMG-20131103-WA0013 1

O rival comezou moi dubitativo en ataque, sen poder anotar con continuidade, algo que lle daba a Galicia as primeiras rendas do partido grazas ás vantaxes que xeraba en situacións de bloqueo directo e á súa intensa defensa. O primeiro cuarto acabaría 17-17 cun par de accións cómodas para o Dragon Force por erros no balance.

Durante o segundo cuarto Galicia gozou de vantaxes cómodas, ao redor dos dez puntos, que os xogadores de Oporto pronto neutralizaron con canastras ao contraataque e con acerto desde fora para rematar ao descanso por diante.

Na segunda parte a igualdade desfíxose definitivamente e o equipo local pronto subiu a intensidade e a agresividade. Aínda así, Galicia quixo agarrarse ó partido e durante o derradeiro tempo a piques estivo de igualalo tras o 59-50 do terceiro cuarto.

Os nosos chegaron a acurtar e poñerse a 5 puntos co apoio dunha grada de maioría galega. Pero unha serie de malas decisións en ataque, así como un par de erros na defensa zonal que os nosos presentaron no último cuarto, deron a vitoria aos lusos. 

Á volta a Galicia realizouse coa sensación dos deberes feitos e de ter plasmado o traballo executado nos adestramentos precedentes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka