Deporte Galego

Primeiras citas amigables para as Preseleccións Galegas

  • 31 Octubre 2013 |

Unha nova cita coa preparación abre o mes para as preseleccións galegas infantís e cadetes. Rendabilizando ao máximo o tempo libre que permite a festividade do primeiro de novembro, os catro combinados autonómicos concentraranse en diferentes localidades da nosa xeografía, repartindo o seu traballo en diferentes datas.

Baixo un programa previo, e contando coa colaboración dos Concellos e Clubs de cada un dos pobos visitados, a estrutura do seu traballo comprende a seguinte orde:

Preselección Galega Infantil Masculina: 1-2/11/13. Tui (Pavillón Canónigo Valiño)

Preselección Galega Cadete Masculina: 1-2/11/13. Tui (Pavillón Canónigo Valiño)

Preselección Galega Cadete Feminina: 1-2-3/11/13. A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro)

Preselección Galega Infantil Feminina: 2-3/11/13. Noia (Pavillón Alonso Rodríguez)

En xogo
A chegada de novembro trae tamén consigo a celebración das primeiras probas en pista para as nosas preseleccións. Sendo nesta primeira convocatoria do mes, a quenda de xogo para os combinados masculinos.

Así, e aproveitando a súa estancia na vila de TUI, ambas as preseleccións desprazaranse ata a cidade de Oporto, onde disputaran sendos amigables ante os equipos do Dragon Force, club desta cidade.

O plan dos encontros, en horario portugués, é o seguinte:

02/11/13 (17.00 h) Pavillón do Lagarteiro

Dragon Force Sub 18 - Preselección Galega Cadete Masculina

02/11/13 (19.00 h) Pavillón do Lagarteiro

Dragon Force Sub 16 - Preselección Galega Infantil Masculina

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka