Deporte Galego

Os Seleccionadores Galegos entran en contacto coa nova estrutura deportiva FGB

  • 21 Setembro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto reuniu na tarde deste xoves ao seu actual cadro de seleccionadores galegos para, en persoa e a través da figura do seu presidente, Francisco Martín; trasladarlles os detalles da nova estrutura deportiva 2012 - 2013.

Deste xeito, e como punto de partida, o presidente FGB presentou oficialmente a figura de Carlos Colinas como responsable da Área Deportiva FGB, quen, á súa vez, explicou, ante o que xa é o seu equipo de traballo, a folla de ruta a seguir nesta temporada 2012 - 2013.

Os representantes técnicos de cada categoría recolleron as gañas de traballar de Carlos Colinas. O técnico vigués incidiu na súa intención de que todos camiñen "nunha única dirección, a favor sempre do primeiro interesado, o Baloncesto Galego". A filosofía de afianzar e avanzar cara "metas cortas e retos posibles" quedou clara.

Coa consigna asimilada de ter "unhas sinais de identidade propias" tanto "no traballo como no estilo de xogo", os responsables de cada selección amosaron a súa disposición para afrontar xa a vindeira convocatoria de cada un dos seus equipos.

Área de Saúde
O bloque de seleccionadores e axudantes entrou tamén en contacto nesta xuntaza coa "Área de Saúde" da Federación, departamento posto en marcha recentemente e que se canaliza como unha ferramenta de vital importancia, interrelacionada de xeito total coa Área Deportiva.

A través desta nova plataforma, e tal e como explicou Francisco Martín, os técnicos federativos contarán co apoio directo e as directrices de profesionais e expertos en saúde que incidirán na "vixilancia dos aspectos básicos de saúde", "todos aqueles referentes importantes para o desenvolvemento da actividade física nos xogadores e xogadoras".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka