Deporte Galego

Galicia: segunda xornada no Campionato de España Cadete

  • 04 Xaneiro 2013 |

Consulta aquí os seus resultados:

Selección Galega Cadete Masculina - Categoría Especial

3º Xornada
Aragón - Galicia (04/01/13 - 12:00 horas) (81 - 74)
(21-17, 17-23, 20-16, 23-18)

Non comezaban ben os nosos mozos no primeiro cuarto. As necesidades aragonesas facían que o seu equipo saíse a morder durante os primeiros instantes, endosando aos galegos un parcial de 15-7 nos primeiros 6 minutos de xogo.

Aos poucos os pupilos de Fernando Buendía melloraron as súas sensacións grazas á actitude defensiva. Paulatinamente rabuñaban puntos no marcador para acabar tan só catro por baixo neste primeiro cuarto.

Nos minutos posteriores rexurdiu a Galicia activa,intensa e vertical que todos queremos ver. A maior orde ofensiva, atopando situacións de vantaxe en 1x1, lograba empatar o encontro a falta de 2 minutos para o descanso. Unha canastra do pívot aragonés dominante, Simon Pruls, era contrarrestada por dúas canastras consecutivas de Pablo Hernández, polo que Galicia encaraba o descanso con vantaxe de 2 puntos.

A saída do terceiro cuarto foi fulgurante. Cunha presión individual moi efectiva os cadetes galegos lograban deixar aos aragoneses con tan só 2 puntos en 6 minutos, colocándose o cinco galego 10 puntos arriba no marcador (40-50).
Pero non todo resultou tan fácil. Un golpe de efecto final dos locais, con dúas triplas consecutivas e dous contraataques en superioridade, facía que o marcador dese a volta por completo ata o 56-52 a favor dos maños. Estes catro minutos, nefastos para a sorte galega, pintaban o partido costa arriba.

No último periodo os anfitrións seguiron coa súa inercia positiva para seguir aumentando a vantaxe aos poucos ata colocarse nun 78-64 a falta de tan só 3 minutos. Un tempo morto dos galegos reactivou a ilusión e a confianza. Unha tripla de Miguel Bastos, unha canastra de dous de Jorge Guillamet e dous roubos consecutivos de Borja Astray culminados en canastra por Álvaro Gómez facían que lucise un 78-73 a falta de 59 segundos para acabar o partido. Finalmente, o bonus dos galegos mandaba á liña de tiros libres a uns locais que, acertados, deixaron o tenteo final no definitivo 81-74.

4º Xornada
Galicia - Cataluña (04/01/13 - 19:30 h) (69 - 77)
(14-25, 24-18, 16-12, 15-22)

O partido comezou con claro dominio dos cataláns durante todo o primeiro cuarto. O control do rebote favorecía as veloces transicións de Cataluña e rápidamente collía unha vantaxe de dez puntos a falta de 4 minutos para acabar o primeiro round (5-15). Galicia ía atopándose a si mesma e entrando no partido, pero un último arreón dos cataláns fixo que a vantaxe se disparase ata os 11 puntos (14-25).

O inicio do segundo cuarto non foi nada bo para os nosos intereres. Os xogadores cataláns apretaron moito en defensa e, cun duro parcial de 3-12, alcanzaban a veintena de puntos de diferenza. Tras un necesario tempo de Galicia e uns axustes defensivos, os de Fernando Buendía entraron, por fin, ao 100% no partido. Os cataláns non vían opcións claras de anotación, Galicia apertaba cada vez máis e os roubos de balón sucedíanse un tras outro. O cinco galego recortaba paulatinamente a desvantaxe para chegar ao descanso 38-43.

Tras o paso polos vestiarios os nosos xogadores non se amilanaron. Seguiron confiando nas normas ofensivas e defensivas para mirar aos ollos a cataláns. Sen dúbida, foi o cuarto máis igualado do partido. As canastras sucedíanse en ambos aros e os contactos de tiro da zona eran cada vez máis fortes.

Con 56-57 no marcador, Galicia dispuxo de varios tiros cómodos para poñerse por diante pero non houbo acerto e chegou un abaixo ao final do terceiro cuarto. Coas espadas en todo o alto chegaba pois o último periodo.

Nestes minutos da morte, os cataláns volveron apretar para conseguir cinco puntos de vantaxe a falta doutros tantos minutos para o final. As forzas chegaban xustas e unha tripla dos cataláns, cun posterior 2+1, poñíaos doce arriba a falta de 2 minutos e xa de xeito decisivo. Ao término, unha última intentona de Galicia deixábaa aos sete puntos definitivos.

Selección Galega Cadete Feminina - Categoría Especial

4º Xornada
Galicia - Navarra (04/01/13 - 17:30 h) (58 - 38)
(24-11, 13-6, 9-9, 12-12)

Partido duro mentalmente. O primeiro (e único) obxectivo era o de arrincar vitoria pois, de conseguilo, iso suporía non descender e manter a categoría para a tempada que vén.

Galicia saíu moi enchufada, obligando a Navarra, cun parcial de 7-0, a solicitar o primeiro tempo morto. A partir de aquí, os minutos convertéronse nun festín de contraataques galegos, acompañados por canastras convertidas baixo aro a partir de segundas opcións. O primeiro cuarto despedíase así cun 24-11 a favor galego.

Os segundos dez minutos foron os das imprecisións: Navarra con defensa zonal e Galicia sen acerto desde a liña de 6,75 (ata en 6 ocasións viuse o aro desde esa distancia). Esta dinámica levou a Cristina Cantero a reordenar o seu ataque e arengar ás súas a través dun tempo morto.

A reacción galega apareceu de inmediato e as nosas cadetes comezaron a ver a luz grazas a canastras xeradas desde poste baixo. A diferenza entre ambos conxuntos foi crecendo e o descanso marcaba xa unha vantaxe galega de 20 puntos (37 - 17).

A segunda metade do partido baseouse no respecto mutuo entre os dous equipos. O xogo, xa durmido, avanzaba a través de intercambios de canastras. O cómputo de parciais en ambos cuartos, empatados a 9-9 e 12-12, evidenciaba que todo estaba xa visto para sentencia. Uns últimos toques de calidade na escuadra galega, agresiva en liña de pase, pecharon unha vitoria crucial para os seus intereses.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka