Deporte Galego

Campionato de España Cadete: Galicia culmina a súa participación

  • 05 Xaneiro 2013 |

As Seleccións Galegas Cadetes completaron este sábado, 5 de xaneiro, a súa participación no Campionato de Seleccións Autonómicas Cadetes, celebrado dende o pasado día 03 en Zaragoza.

Nunha completa e intensísma xornada, afrontaron no día de hoxe os seus últimos encontros da fase previa e, posteriormente, os seus cruces definitivos, os que decidiron a súa posición final na táboa. Así, e tras sendos encontros ante Aragón e Valencia, as Seleccións deixan este campionato 7º no caso feminino e 8º no masculino, respectivamente.

Agora resta só desfrutar dende as gradas da competición do domingo. Como espectadores, os xogadores e as xogadoras galegas terán a oportunidade de presenciar as finais desta cita zaragozana: Cataluña - Madrid en categoría masculina e Cataluña - Canarias en categoría feminina.


Fase de Grupos - 05/01/13

Selección Galega Cadete Masculina - Categoría Especial
5º Xornada
País Vasco- Galicia (05/01/13 - 11:00 h) (69 - 50)
(18-13, 17-22, 19-4, 15-11)

Iniciábase o partido con dominio dos vascos no marcador grazas ás imprecisións ofensivas galegas, que propiciaban situacións de claros contraataque ben aproveitados por País Vasco para situarse 2-10 no marcador.

Tras un tempo morto dos nosos, o movemento de balón contra a zona dáballes os seus froitos e, con dúas triplas consecutivas, metíanse en partido para establecerse a tan só cinco puntos (18-13).

O segundo cuarto emerxeu como un auténtico calco do partido de onte contra Cataluña. Un contundente parcial de 9-0 poñía a Euskadi a 29-17 a falta de escasos minutos para chegar ao descanso. Pero Galicia non quería desenganchare do partido e de novo, tal e como souberon facer onte, axustaba defensivamente as súas pezas e lograba empatar. En parte, grazas a un parcial de 12 - 0 colleitado con intensidade e agresividade defensiva. Os vascos estaban sen ideas e os nosos máis crecidos que nunca, buscando a vitoria. Ao final do cuarto, un intercambio de canastras deixaba o marcador a 35 iguais.

O regreso do descanso foi un despropósito. A zona 3-2 vasca atragantábaselle a Galicia e provocaba perdas tralas que o rival incrementaba a súa vantaxe paulatinamente. O cinco de Fernando Buendía non conseguía ver aro e a diferenza crecía ata os 15 puntos(54 - 39).

Os minutos finais tornáronse nun querer e non poder. Galicia variaba a súa defensa para desordenar o xogo vasco, pero a discontinuidade no esforzo defensivo, recibindo catro canastras nos últimos segundos de cuarto, penalizábaa elevando a renda local aos vinte puntos de vantaxe. Un toma e daca de canastras nos penúltimos segundos traduciuse no definitivo 69-50.

Selección Galega Cadete Feminina - Categoría Especial
5º Xornada
Cataluña - Galicia (05/01/13 - 09:00 h) (66 -38)
(18-8, 18-11, 13-4, 17-15)

Desde os primeiros pases, Cataluña quixo marcar territorio. Moitísimo en xogo para ambos conxuntos, as ideas catalás mostráronse bastante claras, cunha presión en frecha que posteriormente axustaba atrás cunha defensa zonal 2-3. Así, o cinco catalán, que estará mañá na final deste Campionato de España, xerou en Galicia numerosas imprecisións, fundindo as súas forzas todo o posible. Ata en 12 ocasións nesta primeira parte, converteron de xeito positivo as súas rápidas transicións as xogadoras rivais.

A Segunda parte estivo marcada polo cansazo físico das mozas de Cristina Cantero, que, á súa vez, sufrían dunha delicada seca anotadora, crucial para o despegue catalán no marcador. As diferenzas no electrónico oscilaban entre os 10 e 15 puntos, imposibles de salvar para unha Galicia que non puido seguir o ritmo.

Cruces Clasificatorias - 05/01/13

Selección Galega Cadete Feminina - Categoría Especial (69 - 40)
Galicia - Aragón (Posto 7º - 8º) (17. 30 h)
(20-7, 16-11, 21-12, 12-10)

Galicia conseguiu repoñerse. Conscientes de que se trataba, para moitas xogadoras, do seu último envite defendendo as cores da súa terra, as cadetes da nosa Selección querían acabar o mesmo coas mellores sensacións posibles. E así sucedeu.

Desde o inicio empezaron a marcar territorio, impoñendo en defensa e mandando en ataque, xerando 2 ou 3 pases e castigando ao rival. O equipo gustábase: anotaba, reboteaba, roubaba e xeraba fáciles contraataques,

Nos posteriores dez minutos, Aragón, metido en zona coa única idea de recortar o marcador, seguía sufrindo a unha Galicia moi cómoda no tiro desde dispares situacións pero sen atopar a efectividad precisa para afastarse no marcador.
O primeiro tempo morto galego serviu aquí para encontrar de novo a orde e mellorar a situación sobre a pista, malia seguir comentendo faltas innecesarias que daban aire ao bloque aragonés desde a liña de tiro libre

A segunda parte do encontro conxelou xa o xogo e as opcións aragonesas, permitindo diferenzas de máis 30 para as de Cristina Cantero. A Seleccionadora galega utilizou os últimos minutos deste campionato para repartir entre as súas xogadoras e que elas mesmas aproveitasen, con vitoria no marcador, para despedirse da súa afección do mellor xeito

Selección Galega Cadete Masculina - Categoría Especial (77 - 83)
Galicia - Comunidad Valenciana (Posto 7º - 8º) (19. 30 h)
(14-19, 23-21, 15-20, 25-23)

Unha ocasión máis, os nosos mozos saíron durmidos no inicio do primeiro cuarto. A velocidade e o dominio de rebote dos valencianos facía dano aos nosos, que vían como os visitantes collían unha renda de 10 puntos a falta de 3 minutos para o final do primeiro cuarto. Pero os galegos entraban no partido para endosar un parcial de 5-0, finalizando así o cuarto cunha desvantaxe de 14-19.

As defensas alternativas en ambos equipos trababan o xogo no segundo cuarto, só o acerto no tiro exterior galego permitía que a defensa valenciana se abrise, propiciando así opcións para os galegos máis grandes. Os valencianos, pola súa banda, seguían dominando o rebote en ambos aros e aproveitaban as segundas opcións de tiro para irse ao descanso con tres puntos de vantaxe (37-40).

O terceiro cuarto comezaba cunha canastra de Pablo Hernández que poñía a Galicia a tan só un punto no marcador...pero foi tan só un espexismo, xa que a terceira falta de Jorge Guillamet forzaba a que o ritmo ofensivo dos galegos baixase.

O rival atopábase cómodo dentro da súa zona. Os problemas no 1x1 defensivo e a pronta entrada no bonus lastraban aos de Fernando Buendía, que vían como a diferencia se ampliaba aos 8 puntos ao final de terceiro cuarto (52-60).

Os derradeiros dez minutos contaron cun inicio total dos valencianos, que collían unha renda de 14 puntos que se antollaba insalvable. Pese a esta marxe en contra, os galegos non baixaron os brazos, aspirando a todo ata o último intre de partido. A falla de 1 minuto os nosos lograban colocarse a tan só 4 puntos no electrónico, pero dúas faltas que levaban aos valencianos ao tiro libre acababan sentenciando o partido co 77-83.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka