Deporte Galego

As preseleccións galegas saltan á pista

  • 08 Febreiro 2013 |

Metidas de cheo no ecuador da súa preparación de cara aos Campionatos de España, as preseleccións galegas Infantís e Minis afrontan nesta fin de semana, e posteriores datas festivas, novas concentracións.

Visitando, en función da categoría, as vilas de Tui, Noia e mesmo a capital Galega, os distintos xogadores e xogadoras convocados terán que dobrar esforzos e amosar o mellor de si.

O traballo de cada preselección repartirase en varias datas, duplicando sesión ou mesmo variando a sede da concentración. A parcela deportiva completarase ademais coa disputa de diferentes encontros amigables nos que poñer a proba o seu xogo, e que axudarán a cada corpo técnico no labor de configurar o seu equipo definitivo.

O calendario de partidos, os cales se celebrarán a porta aberta, é o seguinte:

Preselección Galega Minibasket Masculina (Pavillón Municipal Tui)

(10/02/13) (18.30 h) Preselección Galega - C.B. Tui (infantil/cadete)
(11/02/13) (16.30 h) Preselección Galega - C.B. Tui (infantil/minibasket)

Preselección Galega Minibasket Feminina (Pavillón Municipal Tui)

(10/02/13) (16.30 h) Preselección Galega - C.B. Tui (2º división júnior)
(11/02/13) (16.30 h) Preselección Galega - Celta (1º división infantil)

Preselección Galega Infantil Masculina (Pavillón Rosalía de Castro - Santiago Compostela)

(09/02/13) (16.00 h) Preselección Galega - Rosalía de Castro (Cadete)

Preselección Galega Infantil Masculina (Pavillón Municipal Tui)

(11/02/13) (18.30 h) Preselección Galega - C.B. Tui (2º división júnior)
(12/02/13) (17.00 h) Preselección Galega - C.B. Tui (2º división junior/cadete)

Preselección Galega Infantil Feminina (Pavillón Alonso Rodríguez - Noia)

(11/02/13) (17.00 h) Preselección Galega - C.B. Cluny (júnior/sénior)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka