Deporte Galego

Sorteado o Calendario do Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Categoría Infantil

  • 01 Marzo 2013 |

Xa se van completando os datos de cara á participación das nosas seleccións autonómicas nos Campionatos de España Infantil e Minibasket. Se fai varias datas era esta última categoría a que coñecía o seu calendario, na mesma tarde de hoxe a Federación Española de Baloncesto vén de comunicar o esperado sorteo infantil.

En virtude do mesmo, e nun campionato que terá como sede as localidades andaluzas de Chiclana e Puerto Real (do 23 ao 27 de marzo), Galicia competirá inmersa en categoría especial, tanto en masculino como en feminino. Por diante, os seguintes rivais:

Infantil Masculino Especial
(Grupo A)
Madrid
Canarias
Comunidade Valenciana
Castilla León
Galicia
Descansa

Infantil Feminino Especial
(Grupo A)
Cataluña
Aragón
Madrid
Galicia
Navarra
Descansa

No documento que aquí achegamos pode consultarse o sorteo ao completo, incluíndo a orde de xornadas e enfrontamentos que esperan aos nosos xogadores e xogadoras.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka