Deporte Galego

#KDTINF2020 - 04/01/20: resultados galegos

  • 04 Xaneiro 2020 |

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no segunda data de competición da Fasea de Grupos no Campionato de España de Seleccións 2020 que estamos a vivir en Huelva.

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes - 03/01/20

Galicia no #KDTINF2010: Galería de IMaxes - 04/01/20

WEB Oficial #KDTINF2020

CANLE FEB: Encontros en directo

Baloncesto en Vivo

Estatísticas

#KDTINF2020 - 04/01/20 - Resultados

INFANTIL FEMININO - ESPECIAL B
Galicia, Asturias, Madrid, Baleares e Cataluña
(13.30 h) (X3) Baleares - Galicia (59 - 67)

Traballadísima a primeira vitoria galega neste #KDTINF2020. Galicia e Baleares comezaron algo precipitadas e impoñendo un ritmo que se converteu no aliado perfecto dos erros e imprecisións ante canastra. Neste panorama de ida e volta, Galicia conseguir estár algo máis acertada encarando o camiño ao descanso cun colchón de 13 puntos a favor.
O regreso dos vestiarios marcou un ritmo elevado de xogo, mantendo Galicia a súa diferencia e axustando mellor a súa circulación de balón para poder facerse cunha diferencia maior, neste caso de 17 puntos arriba ao remate do segundo cuarto. Esta marxe, a priori cómoda, costoulle defendela a unha Galicia que xa acusaba o desgaste do seu bo papel durante a primeira parte. Este cansazo, sumado aos nervos xa evidentes, permitiu a Baleares dinamitar o manrcados e volver a impoñer a igualdade numérica (56 – 56) a tan só catro minutos para a bucina. A tensión era palpable, pero Galicia foi quen de dominala tanto dende o banquiño como con dúas canastras valiosísimas para baixar os brazos do rival e sumar un trunfo que pode ser vital anímicamente para competir de ti a ti nos seus próximos duelos ante Cataluña e Madrid.

INFANTIL MASCULINO - PREFERENTE C
Galicia, Ceuta, Melilla, País Vasco e Castilla La Mancha
(17.30 h) (X3) Galicia - País Vasco (81 - 47)

Vitoria sen maiores complicacións nen adornos de xogo para o equipo de Javi Peinó. Os galegos dominaron dende os primeiros compases, e sen excesos, un electrónico que lles permitiu ir crecendo, a contapingas, da diferencia de 15 puntos ao descanso aos 34 definitivos. Foi no derradeiro cuarto cando País Vasco puxo máis da súa parte para poder recurtar esa marxe, pero xa sen recompensa.
En liñas xerais,  un partido frío, en clima e sobre a pista, pero que permitiu ao técnico galego facer rotacións e dar minutos a moitos dos seus.

CADETE FEMININO - ESPECIAL A
Galicia, Comunidad Valenciana,País Vasco, Madrid e Cataluña
(19.30 h) (X3) Galicia - País Vasco (44 - 65)

Saldo negativo para Galicia no seu duelo ante Euskadi.
Irregular inicio das nosas infantís que sufriron que fose o País Vasco quen mellor entrara no partido aproveitando ao máximo o seu poderío físico. As xogadoras de Rubi Vázquez remaron conta esta superioridade rival e aproveitaron os segundos dez minutos para coller os folgos precisos e entrar no terceiro cuarto con opcións de non deixar ir o encontro. Dous roubos en momentos clave deixábaas unicamente a seis puntos das vascas.
Pero esta lixeira diferencia ampliouse cun par de erros decisivos que castigaban a Galicia e volvían a afastala no electrónico ata o - 21 final.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka