Galicia pecha o #PlanetaMini2019 co máis grande dos sorrisos. As nosas Seleccións regresan este mércores, 17 de abril; a Galicia coa sensación do traballo ben feito e co seguinte palmarés:
Galicia Minibasket Feminina 2019 - 6º clasificada Grupo Especial.
Galicia Minibasket Masculina 2019 - Subcampioa Grupo Preferente. Ascenso a Grupo Especial.
Web oficial FEB - #PlanetaMini2019
Galería de Imaxes - Galicia no #PlanetaMini2019
Coa Selección Galega Feminina como 6º clasificada Especial, tras o seu último partido rexistrado con derrota ante Canarias nas cruces clasificatorias do martes; o noso combinado masculino puña en xogo hoxe as súas posibilidades para facerse co título de campión de Preferente, xa que o gran premio do Ascenso a Especial xa o tiña no seu peto tras a súa vitoria en Semifinais ante Euskadi.
Nesta final, a pesar da súa capacidade de pelexa, o equipo de Valentín Pérez non foi quen de superar a unha potente Murcia (73 - 79), pero sí de rematar a súa traxectoria neste Campionato deixando a mellor imaxe posible, competitiva e de equipo.
Galicia Minibasket Feminina 2019 - 6º clasificada Grupo Especial
Galicia Minibasket Masculina 2019 - Subcampioa Grupo Preferente. Ascenso a Grupo Especial
En global, un sexto posto en categoría feminina especial, e un merecido ascenso e subcampionato Preferente en categoría masculina dan boa conta da experiencia vivida por toda a expedición galega en terras andaluzas. Unha temporada máis: unha gran representación para o Baloncesto Galego, que, grazas a este novo paso, a vindeira temporada competirá coas súas seis seleccións autonómicas no Grupo Especial.
Nesta despedida, recoñecer a colaboración, compromiso e traballo, dende o día un da preparación de ambas as seleccións; de todos os clubs galegos e os seus adestradores, os seus xogadores e xogadoras, os cadros técnicos das Seleccións, o equipo de fisios, árbitros e persoal federativo. Gracias a todos!.