Deporte Galego

Galicia en xogo no #PlanetaMini2019: Fase Previa

  • 12 Abril 2019 |
Galicia en xogo no #PlanetaMini2019: Fase Previa
(Foto: @ANPhoto / LOF-FEB)

Galicia lista para entrar de cheo no #Planetamini2019. As nosas Seleccións Galegas Minibasket inician este sábado o seu reto máis importante da temporada. Coa máxima ilusión e moito traballo detrás, dirixidas por David Martínez e Valentín Pérez, en feminino e masculino, respectivamente; inician a competición en San Fernando (Cádiz) co seguinte plan horario na súa fase previa.

Galicia Minibasket Feminina 2019
Galicia Minibasket Masculina 2019

Web oficial FEB - #PlanetaMini2019

Resultados #PlanetaMini2019 Masculino
Resultados #PlanetaMini2019 Feminino

Galería de IMaxes - Galicia no #PlanetaMini2019

FASE PREVIA #PLANETAMINI2019: AXENDA DE COMPETICIÓN PARA GALICIA.

Galicia Minibasket Feminina - Especial B

En xogo: Galicia, Andalucía, Asturias, Madrid e País Vasco.

13/04/2019

Xornada 2 (Bahía Sur)
(17.30 h) Galicia - Asturias (93 - 51)

Galicia abriu o partido moi concentrada e intensa en defensa, o que lle permitiu comezar cun importante parcial de 20-3. No segundo e terceiro sexto as asturianas destacaron en acerto exterior, o que nos axustou o marcador deixando, ao descanso, un 48-30 a favor das galegas. 

Ao regreso dos vestiarios, Galicia continou destacando na liña defensiva, elemento clave para ampliar a marxoe no electrónico ata asinar o 93-51 final.

14/04/2019

Xornada 3 (Parque 2)
(11.30 h) País Vasco - Galicia (41 - 78)

Partido incómodo para as galegas, que comezaron sufrindo a intensidade defensiva de Euskadi. As xogadoras de David Peciña tardaron en entrar nun encontro no que, nos primeiros minutos, pecaron de precipitación e de ausencia no acerto no tiro exterior. Tiveron que chegar o cuarto e quinto sexto para que Galicia, sacando o seu carácter defensivo, conseguira roubar balóns e meter canastras sinxelas que facían crecer o marcador a seu favor, rematando o partido con vitoria 41-78. 

Xornada 4 (Parque 1)
(19.30 h) Galicia – Andalucía (60 - 74)

Gran inicio de encontro para unha Galicia que, cunha gran defensa colectiva, comezaba parando o xogo á contra das andaluzas e xestionaba rápidas transicións que lle permitían marcar as primeiras distancias no marcador. O equipo de David M. Peciña mantivo esta marxe durante toda a primeira metade de partido, e a pesar dos arreóns Andaluces nun terceiro cuarto moi movido, chegaba ao tempo de descanso con 8 puntos a favor.

As tornas mudaron ao regreso dos vestiarios. Un bo inicio rival nesta segunda metade igualaba o marcador, e permitía que Andalucúa aumentase a súa intensidade, gañase en porcentaxe de tiro e, finalmente, se despegase no marcador xa no último sexto.

15/04/2019

Xornada 5 (Compañía de María)
(15.30 h) Madrid - Galicia (67 - 59)

Bonito encontro o protagonizado por galegas e madrileñas na busca dun posto da Semifinal. Vibrante dende o inicio, con mellor cara galega neste inicio, o duelo pronto colleu un rumbo máis positivo para o rival.

O acerto dende a liña exterior Madrileña e o o seu alto ritmo de xogo deixaba as galegas coa tarefa de remar para non quedar atrás no electrónico, traballo que se volvía máis difícil debido ao bo facer madrileño tamén no rebote ofensivo.

As distancias no marcador creceron de novo a favor de Madrid ao regreso dos vestiarios. As galegas buscaron a súa reacción pero, de novo, o acerto rival, esta vez dende a liña de tres, deixábaas sen capacidade de romper unha fenda que se estendía ata o 67 - 59 definitivo final

Galicia Minibasket Masculina -  Preferente C

En xogo: Galicia, Melilla, Extremadura, Ceuta e Castilla La Mancha.

13/04/2019

1º xornada (Parque 2)
15.30 h Ceuta - Galicia (5 - 56)

Encontro marcado pola ampla diferenza entre dous equipos que debutaban con certos nervios neste Campionato de España. Galicia dominou en todo momento, sumando boas sensacións para afrontar con confianza o seu segundo partido desta Fase Previa (Domingo, 17:30 h, ante Extremadura). 

14/04/2019

Xornada 3 (Parque 1)
17.30 h Galicia – Extremadura (85 - 63)

Vitoria traballada para unha Galicia á que lle custou entrar en xogo. O equipo de Valentín Peréz viviu dous primeiros cuartos algo bloqueada e transmitindo pouca concentración, situación que se comezaría a estabilizar coa chegada do terceiro cuarto, un minutos nos que gracias a un bo parcial se igualaba a contenda.

A segunda metade do encontro trouxo consigo a reacción galega. Os nosos impoñían un elevado ritmo de xogo que lle custaba moito seguir ao rival. Así mesmo, conseguindo anular o xogo interior extremeño, agora si, a vantaxe galega cobraba moita máis forza. Un baloncesto cómodo e fluído para os galegos protagonizaba os derradeiros intres dun encontro que remataba, por fin, cunha ampla diferencia para Galicia.

15/04/2019

Xornada  4 (Compañía de María)
(11.30 h) Castilla La Mancha - Galicia (69 - 74)

Partido tenso e emocionante o vivido esta mañá polo equipo que dirixe Valentín Pérez. Coa tónica da igualdade predominando en todo intre, Galicia e Castilla la Mancha esforzáronse ao máximo, ofrecendo xogo de ida e volta e de elevado desgaste físico.

Un marcador oscilante entre unha moi curta distancia só se rompeu a favor galego gracias a súa mellor xestión do un contra un. O talento individual resultou clave para vencer as máis que numerosas perdas e erros, tanto en defensa como en ataque.

Ao remate, importante vitoria galega, que permite encauzar con máis tranquilide o último encontro da fase previa (19.30 h. Melilla)

Xornada 5 (Bahía Sur)
(19.30 h) Galicia - Melilla (81 - 31)

Encontro de notable diferencia entre ambas seleccións. A ampla marxe galega tanto na pista como no electrónico levou a pechar o tenteo no cuarto tempo de xogo (81 - 31) permitindo ao equipo de Valentín Pérez pechar a fase previa con pleno de vitorias, clasificándose así para as semifinais do Grupo Preferente nas que se pon en xogo unha praza de ascenso a Especial. Esta último cita terá lugar mañá, martes; as 15.30 h, ante País Vasco. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka