Deporte Galego

Real Club Celta Baloncesto homenaxea ás seleccións galegas

  • 21 Xaneiro 2019 |

Bonita tarde de homenaxe e baloncesto a vivida o sábado, 19 de xaneiro; en Vigo. Baixo a iniciativa do Real Club Celta Baloncesto, e aproveitando o inmellorable escenario dun duelo galego ante AD Cortegada na Liga Feminina 2, as seleccións galegas infantís e cadetes en categoría feminina recibiron un detalle do equipo anfitrión e do seu público.

Como recoñecemento ao seu papel no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputado en Huelva nos primeiros días de xaneiro; o Real Club Celta, e con el toda a súa afección congregada no Pavillón de Navia nesa data, outogaron un merecido aplausoe  homenaxe a ambos os combinados autonómicos que, lembremos, pecharon o citado #KDTINF2019 con medalla de Bronce no caso infantil, e como campioas da categoría preferente en categoría cadete.

IMG-20190119-WA0007

A maior parte de xogadoras de ambas as seleccións, acompañadas dos seus cadros técnicos e do Presidente FGB, Francisco Martín; ocuparon a pista de Navia no descanso do encontro ante o A.D.Cortegada. Todas as xogadoras unidas lembraron as vivencias deportivas e persoais recollidas no Campionato e agradeceron ao Celta Baloncesto este agasallo, do que desfrutaron de xeito especial as xogadoras e técnicos celestes que formaron parte das seleccións durante o #KDTINF2019: Noa Padín, Noa Comesaña, Esther Gil, Clara Prieto, Carmen Yánez e o técnico David Bernárdez en categoría cadete; e Yara Costas, Judith Godfrey, Claudia Fiel e Greta Galbán en infantil. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka