Deporte Galego

KDTINF2019 - 06/01/19: Galicia Infantil Feminina loitará polo Bronce

  • 05 Xaneiro 2019 |

Galicia viviu este domingo de Reis a súa penúltima xornada no #KDTINF2019. Unha tarde de catro intensos partidos trouxo consigo o dereito a loitar polo bronce para a Selección Infantil Feminina, o Ascenso a Grupo Especial para a Cadete Feminina, e a dobre consecución da Permanencia no Grupo Especial para os nosos dous equipos masculinos. 

Web Oficial

Resultados e Clasificacións

GALERÍA DE IMAXES

#KDTINF2019 – CRUCES CLASIFICATORIAS 06/01/19

CADETE FEMININO - Semifinal Preferente

(15.30 h) Galicia – Cantabria (44 - 70) (estatística)

Un partido de semifinais sempre implica un grado emocional. Así saiu Galicia ao campo, emocionada e nerviosa por lograr o obxectivo proposto. As de Fernán Varela atopáronse cun rival forte e agresivo, que non puxo as cousas fáciles. Aínda que Galicia dominaba no marcador (1Q. 6-15.) non se sentía cómoda desenvolvendo o seu xogo.

O partido non estaba a favor das galeas: malas accións, moitas perdas de balón e problemas cos rebotes. Con este conxunto de negativas chegaba o descanso 16 puntos arriba (15 – 31) pero sen boas sensacións.

Aínda que Galicia seguía mandando no marcador, o terceiro cuarto comezou cun parcial de 10-0 para Cantabria. As nosas cadetes seguían sen atoparse a sí mesmas sobre a pista a pesares de reinar no electrónico (27 – 54).

No derradeiro cuarto, parecía que o partido se rompía definitivamente, pero dúas lesións importantes do equipo rival deixaron a Galicia fóra de pista, chegando a baixar a diferenza do partido a 16 puntos a falta de 5 minutos. Este último cuarto finalmente foi cántabro (17-16) pero no tenteo global continuaba mandando Galicia. Ao remate, vitoria e ascenso a grupo especial.

Á Selección de Fernán Varela quédalle agora a posibilidade de convertirse en Campioa de Preferente. Para conseguilo terá que vencer este luns (09.00 h) a Canarias. 

CADETE MASCULINO - 4º Grupo B vs 5º Grupo A 

(15.30 h) Galicia - Baleares (82 - 71) (estatística)

Obxectivo conseguido. Galicia Cadete Masculina fíxose cun partido no que tocou sufrir, a pesares dun inicio con maior dominio. Foi a partires do segundo cuarto cando os nosos cadetes comezaron a atoparse máis incómodos e gañando nervios a medida que pasaban os minutos cara o descanso (37 - 35)

O regreso da caseta foi o peor momento para os intereses do equipo de Tito Díaz. Anulado en defensa, e sen as ideas moi craras para circular o balón, permitiu que Baleares axustase as distancias (48 - 49). Tiveron que chegar os últimos minutos do encontro para atopar a unha Galicia máis consciente da necesidade de non precipitarse e de defender duro. Estas dúas claves axudaron a recuperarse no electrónico para rexistrar a vitoria definitiva e, con ela, certificar a permanencia dentro da categoría Especial. 

INFANTIL MASCULINO - 4ºA vs 5º B 

(17.30 h) Galicia – Cantabria (72 - 53) (estatística)

Galicia arrincou a súa defensa da praza en Especial completamente metida no partido. Afortunados en defensa a toda pista, os xogadores de Javier Peinó bloqueaban o xogo do rival, que a base de perdas vía como Galicia tomaba a dianteira. (1Q. 22 – 11).

Cantabria tentouno no segundo e terciro cuarto do partido elevando o ritmo defensivo e buscando aumentar o seu acerto, pero a tónica sobre a pista continuaba a favor galego.

E así chegouse ao broche do partido. Un parcial definitivo de 21- 9 a favor galego, convertía os últimos dez minutos no selo perfecto a un trunfo que vale a permanencia no grupo Especial.

INFANTIL FEMININO – Semifinal Especial (EN DIRECTO VÍA CESA GOLTV)

(19.30 h) Madrid – Galicia (61 - 54) (estatística)

Partido para soñar o da Semifinal vivida esta tarde entre Galicia e Madrid. O equipo galego ao completo, tanto as xogadoras como o cadro técnico que dirixe Nacary Rojas; deron unha lección sobre como competir ao máximo nun partido clave dun Campionato de España, independentemente do resultado. 

Galicia saiu a pista coa enerxía precisa para desputarlle unha semifinal a todo un equipo como Madrid. A primeira metade do encontro asinada polas galegas prendeu a ilusión de novo no seu xogo, conseguindo dominar ao rival e alternando tanto boas defensas como un gran acerto en ataque, froito todo dun traballo en Equipo. Así mesmo, o marcador estaba do seu lado.

Foi no terceiro cuarto cando o ritmo do encontro ralentizouse para unha Galicia algo atenazada polos nervios que comezou a cometer erros ante canastra, o que provocou que perdera a súa vantaxe tanto anímica como no electrónico. 

Nos decisivos dez minutos o equipo de Nacary Rojas volveu a engancharse á semifinal, a pesares de chegar aos últimos tres minutos 10 puntos abaixo. Intentouno ata o final, co ánimo no máis alto posible, pero Madrid asegurou a súa defensa e protexeu a súa vantaxe ata o 61 - 54 final.

Coa satisfacción de chegar ata este punto do Campionato, e tras unha inmellorable imaxe, a Galicia tócalle agora recuperarse para desputar este luns, 7 de xaneiro, a loita pola medalla de bronce. A cita será ás 11.00 h ante Andalucía. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka